Xeral
España volve pedirlle ao Parlamento Europeo poder usar as linguas cooficiais
O Goberno español volveu pedirlle ao Parlamento Europeo (PE) que acceda a que as linguas distintas do castelán recoñecidas en España como cooficiais poidan ser utilizadas nos debates parlamentarios.
Fonte: De Luns a Venres
UPyD pide que o castelán sexa a lingua vehicular do ensino
A deputada de UPyD, Rosa Díez, entregoulle ao ministro de Educación, Ángel Gabilondo, unha proposta para a consecución dun pacto educativo na que este partido reclama a necesidade de harmonizar as lexislacións educativas autonómicas e que o castelán sexa a lingua vehicular do ensino en toda España.
Fonte: ADN
O ministro de Asuntos Exteriores anuncia "próximas xestións" para avanzar no uso das linguas cooficiais na UE
O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, avanzou que o departamento que dirixe e, máis en concreto a Secretaría de Estado para a UE, emprenderán "próximas xestións" para avanzar no uso das linguas cooficiais de España nas institucións da Unión porque aínda queda "camiño que percorrer" neste aspecto.
Fonte: Europa Press
O Congreso adaptará unha das súas salas para poder traducir a 32 linguas as reunións da Presidencia española da UE
O Congreso dos Deputados ten previsto renovar antes do 29 de xaneiro do ano que vén o equipamento da súa estancia máis ampla, para que poida acoller as reunións que se convoquen na Cámara Baixa con motivo da Presidencia española da Unión Europea do primeiro semestre de 2011 e contar cos medios necesarios para que estes actos poidan ser traducidos simultaneamente ás 32 linguas da Unión Europea.
Fonte: Europa Press
Crean un intérprete virtual de lingua de signos española
Tras dous anos de traballo e un investimento de 100.000 euros, a Universidade de Castela-A Mancha, logrou lanzar un intérprete virtual que axudará ás persoas con discapacidade auditiva en lugares como pode ser un aeroporto.
Fonte: Discapnet
A lingua de signos española incluirase en materiais educativos para persoas con discapacidade intelectual
A lingua de signos española estará presente en materiais educativos dirixidos a persoas con discapacidade intelectual, grazas a un convenio de colaboración que asinaron a Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Feaps) e a Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas (Cnse).
Fonte: EcoDiario
A Xunta estuda "estender" a influencia da Televisión de Galicia a zonas de Asturias, León e Zamora onde se fala galego
O Goberno autonómico estudará "estender" os servizos da Televisión de Galicia (TVG) a zonas de comunidades limítrofes -como Asturias, O Bierzo (Castela e León) e Sanabria (Zamora)- que permanecen na súa área de influencia lingüística e nas que o denominado 'galego estremeiro' sobrevive como lingua de uso cotián.
Fonte: Qué
Asociacións de Aragón, Valencia, Baleares e Cataluña presentan un manifesto contra a "imposición" do catalán
Un total de once asociacións de Aragón, Valencia, Baleares e Cataluña uníronse nun manifesto común no que denuncian a "agresividade" do nacionalismo catalanista e anuncian as "accións xurisdicionais e as mobilizacións populares necesarias" para impedir "a imposición" do catalán ás linguas propias dos territorios e ao castelán.
Fonte: Europa Press
A aseguradora Caser facilitaralles aos seus clientes xordos a tramitación das súas xestións en lingua de signos española
A aseguradora Caser asinou un acordo coa Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación que lles permitirá aos seus asegurados xordos dar os seus partes e tramitar calquera xestión en lingua de signos española.
Fonte: Europa Press
Persoas xordas esixen o recoñecemento pleno da lingua de signos española
Un centenar de persoas xordas manifestáronse ante o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación para pedir a igualdade de dereitos e oportunidades mediante o recoñecemento pleno das linguas de signos españolas.
Fonte: EcoDiario
Boletín
Subscríbase ao boletín