Xeral
O ministro de Educación garantirá a presenza das linguas cooficiais nas aulas
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, comprometeuse a garantir a presenza das linguas cooficiais nas aulas, en relación co Pacto Social e Político pola Educación, polo que compareceu na comisión de Educación do Congreso dos Deputados.
Fonte: Europa Press
Crean o primeiro diario dixital en árabe para España
Chámase Andalus Press e trátase do primeiro xornal dixital de información xeral en árabe dirixido a esta comunidade de inmigrantes, especialmente marroquís, que vive en España.
Fonte: Radio Cable
Docentes de todo o Estado reivindican conxuntamente o uso "vehicular" das linguas cooficiais no ensino
Os sindicatos de profesorado de Galicia (STEG), Cataluña (USTEC-STAES IAC), Illas Baleares (STEI-i), Valencia (STEPV-Iv) e País Vasco (STEE-EILAS) reivindicarán conxuntamente a consideración do galego, éuscaro e catalán como linguas vehiculares no sistema educativo, en contra da súa situación "claramente desigual" e para "remontar séculos de illamento".
Fonte: EcoDiario
O Consello Xeral do Poder Xudicial pide limitar o uso das linguas cooficiais no Rexistro Civil
O Consello Xeral do Poder Xudicial alertou dos "inconvenientes" que presenta que o anteproxecto de lei do Rexistro Civil permita as inscricións "en calquera das linguas oficiais do Estado" e pide que o seu uso se circunscriba ás comunidades autónomas onde ese idioma sexa oficial.
Fonte: Qué!
Usar as linguas autonómicas en todas as sesións do Senado custaría 120.000 euros, segundo os seus promotores
Que os senadores poidan expresarse en éuscaro, galego, catalán ou valenciano en todos os ámbitos do Senado tería un custo anual de 120.000 euros, segundo se estima nunha proposta de reforma do Regulamento do Senado que promoven todos os grupos parlamentarios agás o PP e o PSOE.
Fonte: Europa Press
As universidades españolas apoian unha televisión en galego, catalán e éuscaro
A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) adheriuse á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para unha televisión sen fronteiras que actualmente está en trámite no Congreso e que busca o recoñecemento do catalán, o eúscaro e o galego nos seus espazos de comunicación.
Fonte: Galicia-Hoxe
Só un de cada tres españois domina un idioma estranxeiro
Só un de cada tres españois di ser quen de falar e escribir un idioma estranxeiro, segundo os resultados dunha enquisa realizada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
Fonte: Lainformacion.com
O Goberno español sinala que promove o uso das linguas cooficiais na Administración dentro das súas competencias
O Ministerio de Política Territorial sinala que, dentro das súas competencias, promove o uso das linguas cooficiais dentro da Administración Xeral do Estado, tal e como establece o real decreto polo que se creou o Consello e a Oficina de Linguas Oficiais.
Fonte: Europa Press
O Senado deixa para finais de abril o debate para aceptar ou non a xeneralización do uso das linguas autonómicas
O Senado deixou para finais de abril o debate sobre a admisión a trámite dunha iniciativa presentada por senadores de todos os grupos salvo do PSOE e do PP para xeneralizar o uso das linguas autonómicas na Cámara.
Fonte: Las Provincias
Un novo sistema permitiralles ás persoas xordas comunicarse por teléfono
Os ministros de Industria e de Sanidade e Política Social, Miguel Sebastián e Trinidad Jiménez, presentaron o sistema de videointerpretación en lingua de signos SVisual, que permite a comunicación entre persoas xordas e oíntes a través de videointérprete.
Fonte: EcoDiario
Boletín
Subscríbase ao boletín