Xeral
O grupo de empresas Abengoa asina coa Fundéu BBVA un convenio polo bo uso do español
O grupo de empresas Abengoa asinou un acordo en Madrid coa Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA) que ten como obxecto mellorar o emprego do español nas comunicacións internas e externas desta compañía con sede en Sevilla.
Fonte: EFE
Cataluña acorda con Aragón ensinar catalán desde as escolas ata as universidades
O conselleiro de Educación da Generalitat de Catalunya, Ernest Maragall, e a conselleira do Departamento de Educación, Cultura e Deporte de Aragón, María Victoria Broto, asinaron un protocolo para o ensino do catalán desde a etapa primaria ata a universitaria "tendo en conta a vinculación histórica, cultural e lingüística entre as dúas comunidades".
Fonte: Vilaweb
O Valedor español do Pobo recomenda ao Tribunal Constitucional revisar a lei de cooficialidade lingüística
O Valedor do Pobo considera "desexable" dispoñer dun pronunciamento do Tribunal Constitucional que "actualice, confirme ou revise" a xurisprudencia en materia de cooficialidade lingüística.
Fonte: ADN
A ministra de Cultura anuncia axudas a películas rodadas nas linguas cooficiais
A ministra de Cultura, Angeles González-Sinde, apoiou as decisións do Parlamento catalán respecto da lei de cine. Ademais destacou que "o Ministerio na súa Lei de cine tamén ten previstas axudas a películas en versión orixinal e en linguas cooficiais".
Fonte: Galicia Hoxe
O Senado español aproba o uso das linguas cooficiais

A Comisión de Regulamento do Senado aprobou a proposta de reforma sobre o uso das linguas cooficiais na actividade da Cámara Alta, que deberá ser ratificada por completo no Pleno. A proposta de modificación sinala que estas medidas serán efectivas a partir do 1 de xaneiro de 2011 e que non supoñerán incremento do gasto.
Fonte: La Razón
O ministro español de Xustiza buscará vías para que o portal europeo E-Justice estea dispoñible nas linguas cooficiais
O ministro español de Xustiza, Francisco Caamaño, sinalou que "buscará vías de convenio" para que o portal de xustiza europeo E-Justice estea accesible nas linguas cooficiais do Estado.
Fonte: ABC
O Goberno español regula o Centro de Normalización da Lingua de Signos

O Consello de Ministros aprobou a regulación do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española co obxectivo de investigar, fomentar e difundir esta lingua, así como velar polo seu bo uso. Entre as funcións do Centro destaca tamén a de converterse en Observatorio da Lingua de Signos Española.
Fonte: ADN
Catro das cinco grandes aeroliñas que operan na área lingüística catalá empregan o catalán, segundo un estudo
Catro das cinco aeroliñas que transportan máis pasaxeiros na área lingüística catalá utilizan esta lingua na megafonía e nas súas páxinas web, segundo un estudo da Plataforma pola Lingua.
Fonte: Finanzas
A Confederación Estatal de Persoas Xordas denuncia falta de intérpretes de lingua de signos en verán
A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) denunciou a falta de intérpretes de lingua de signos, problema que en verán se agudiza polas vacacións estivais.
Fonte: EcoDiario
O presidente do Goberno español rexeita as queixas de Estados Unidos sobre o uso do catalán
O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, "non está de acordo" co informe sobre Dereitos Humanos do Departamento de Estado de Estados Unidos en que se recollían queixas e se advertía sobre a suposta vulneración de dereitos cidadáns pola política de normalización lingüística do catalán en Cataluña e Baleares.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín