Xeral

O Ministerio de Educación español destina 120 millóns de euros para a formación en idiomas

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, presentou o Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras, dotado con 120 millóns de euros e que persegue que os españois falen inglés ou outro idioma estranxeiro.

Fonte: Público

Xeral

O ministro de Educación pide un debate sobre a posibilidade de non dobrar películas estranxeiras para aprender idiomas

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, suxeriu que se podería establecer un debate sobre se se debe tomar a decisión de non dobrar películas porque, se non se dobran, facilítase a aprendizaxe de idiomas.

Fonte: EFE

Xeral

O Senado reclama por unanimidade que a Administración estatal respecte a toponimia oficial galega

A Comisión de Cultura do Senado aprobou por unanimidade unha iniciativa presentada polo BNG e emendada polo PSOE, na que reclama que todos os ministerios e organismos dependentes da Administración central respecten a toponimia oficial galega.

Fonte: Europa Press

Xeral

Un estudo cuestiona a formación en inglés que ofrecen as universidades

As diferenzas e disparidades na oferta de cursos de inglés nas universidades e na avaliación dos seus resultados académicos fai que sexa "cuestionable" asegurar que todos os alumnos alcancen un nivel de lingua estranxeira suficiente para un mercado laboral máis globalizado e competitivo.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Bankinter lanza un servizo de asesoramento interactivo para persoas xordas en lingua de signos

Bankinter lanzou unha nova canle de relación para persoas xordas que utiliza as posibilidades de internet para ofrecer un asesoramento interactivo adaptado ás necesidades de comunicación destes clientes, a raíz dun convenio coa Confederación Nacional de Persoas Xordas (CNSE).

Fonte: Europa Press

Xeral

O éuscaro, xunto co asturiano, o aragonés e o aranés, está en risco de desaparición, segundo a Unesco

O éuscaro, xunto co asturiano, o aragonés e o aranés, está en risco de desaparición, segundo asegura a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) no seu novo e interactivo Atlas das Linguas do Mundo en Perigo.

Fonte: La Información

Xeral

O Ministerio de Cultura aumentou as súas páxinas web traducidas ás linguas cooficiais un 25 % nos últimos 15 meses

A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, asegurou que o seu Departamento ten nestes momentos traducido o 51 por cento das páxinas web publicadas e informou de que nos últimos 15 meses a cifra de páxinas traducidas ás linguas cooficiais creceu un 25 por cento.

Fonte: El Norte de Castilla

Xeral

O Tribunal Supremo ordena á Generalitat de Catalunya que o castelán sexa vehicular nas escolas

O Tribunal Supremo (TS) ordenoulle á Generalitat de Catalunya levar a cabo "cantas medidas sexan necesarias" para adaptar o seu sistema de ensino á "nova situación creada" polo ditame sobre o Estatuto que considera o castelán como "lingua vehicular" nos centros docentes da comunidade.

Fonte: Europa Press

Xeral

O Senado estrea o uso das linguas cooficiais, que custará 11.950 euros por pleno

O Senado estreará no primeiro pleno deste período de sesións, os próximos 18 e 19 de xaneiro, o uso das linguas cooficiais no debate das mocións, que terá un custo en traducións de 11.950 euros por sesión.

Fonte: ABC

Xeral

A primeira fase do 'Corpus do español do século XXI' concluirá este ano

A primeira fase do 'Corpus do español do século XXI', en cuxa elaboración colabora a Fundación Comillas, está previsto que conclúa este ano trala compilación de textos de diversa índole producidos desde o ano 2000 ata a actualidade.

Fonte: 20minutos

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder