Xeral
Crean unha ruta polos lugares da lingua española
A Fundación Camiño da Lingua Castelá preparou un catálogo con varios paquetes turísticos sobre esta ruta, que trata de ser unha viaxe para descubrir o berce, os silencios e os trazos máis axitados do castelán.
Fonte: Público
IKEA publica o seu catálogo por primeira vez nas catro linguas oficiais españolas
A compañía sueca líder en venda de mobles IKEA publicou o seu catálogo de 2011 por primeira vez nas catro linguas oficiais do país: castelán, catalán, éuscaro e galego.
Fonte: La Información
O 74 % das ofertas de emprego cualificado esixe falar inglés
O 74 % das ofertas de emprego cualificado fixa como requisito imprescindible dominar a lingua inglesa, mentres que o 33,7 % do total do traballo ofrecido esixe falar algún idioma, segundo a análise realizada por Adecco e Infoempleo sobre máis de 200.000 ofertas.
Fonte: Europa Press
O Congreso pide por unanimidade que a Real Academia Galega teña unha partida nos presupostos estatais desde 2011
A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade unha proposición non de lei para instar o Goberno a consignar nos Presupostos Xerais do Estado, a partir de 2011, unha partida específica para a Real Academia Galega (RAG), igual que a que xa perciben estas institucións en Cataluña e o País Vasco.
Fonte: Europa Press
O Goberno español prepara unha lei para atender o cidadán na súa propia lingua
O vicepresidente terceiro do Goberno español, Manuel Chaves, reiterou a vontade do Goberno de corrixir os fallos no uso de linguas cooficiais na Administración, e anunciou que o seu Ministerio prepara un proxecto de lei para que os cidadáns poidan dirixirse na súa lingua a determinados órganos do Estado.
Fonte: La Vanguardia
O dominio dunha lingua cooficial española será considerado mérito preferente na carreira xudicial
Saber galego, catalán ou vasco, ou coñecer Dereito Civil especial ou foral premiará na carreira xudicial. O borrador do novo regulamento da xudicatura introduce beneficios para os xuíces ou maxistrados que teñan formación específica nesta materia.
Fonte: La Voz de Galicia
España é o cuarto país da UE no que menos adultos falan idiomas estranxeiros
España é o cuarto país da UE en que menos adultos falan un idioma estranxeiro, por detrás de Romanía, Hungría e Portugal, segundo unha enquisa publicada por Eurostat, a oficina comunitaria de estatística.
Fonte: La Razón
O Congreso pide unha nova lei antes de xullo de 2011 que amplíe o uso de linguas cooficiais en organismos do Estado
O Congreso dos Deputados pediulle ao Goberno, co rexeitamento do PP, a presentación dun proxecto de lei antes de xullo de 2011 que amplíe o uso das linguas cooficiais e así recoñeza a iniciativa dos cidadáns para poder dirixirse en calquera destes idiomas a determinados organismos do Estado.
Fonte: Europa Press
Os inmigrantes árabes en España piden un xornal no seu idioma
Á gran maioría da comunidade de fala árabe residente en España (94 %) gustaríalle poder dispoñer neste país dun xornal no seu idioma, do que carecen agora, segundo unha enquisa entre o colectivo presentada no Centro Internacional de Prensa (CIP).
Fonte: Periodista Digital
España premiará as escolas de Estados Unidos que mellor ensinen a lingua española
O Goberno español premiará as escolas de Estados Unidos que desenvolvan programas de inmersión lingüística en español con mellores resultados e maior innovación.
Fonte: Fundéu
Boletín
Subscríbase ao boletín