Xeral
ERC recupera a súa iniciativa para implantar no Congreso as linguas cooficiais
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) volveu resucitar a súa iniciativa para reformar o Regulamento do Congreso dos Deputados co fin de garantir “canto antes” o uso do catalán, o éuscaro e o galego na Cámara Baixa.
Fonte: El Mundo
A Real Academia Española critica o uso inadecuado e a falta de claridade da linguaxe administrativa
O vicedirector da Real Academia Española, José Antonio Pascual, criticou na Universidade de Salamanca a “falta de claridade" da linguaxe administrativa e o uso inadecuado que se fai das palabras técnicas por parte dos profesionais cando non falan con colegas.
Fonte: ABC
Case 900 concellos españois non teñen a súa páxina web oficial en castelán
A Asociación Nacional pola Liberdade Lingüística (ANNL) realizou un estudo detallado sobre o uso do castelán nas páxinas web dos concellos situados nas comunidades en que existe máis dunha lingua oficial. O resultado foi demoledor: 868 municipios non ofrecen aos seus veciños unha versión da súa web en castelán.
Fonte: Libertad Digital
CiU cuestiona que as autonomías sen lingua diferente do castelán teñan unha canle de televisión
O portavoz de CiU no Congreso, Josep Antoni Duran Lleida, puxo en cuestión que as comunidades autónomas sen unha lingua propia diferente do castelán dispoñan dunha canle de televisión específica.
Fonte: ABC
A Fundación Comillas edita un libro sobre o español nas empresas
A Fundación Comillas editou o libro “O español, lingua de comunicación nas organizacións empresariais”, que será presentado nun acto co que a entidade retoma o seu calendario de actividades.
Fonte: Europa Press
A Real Academia Española e a Obra Social La Caixa crean unha biblioteca de clásicos españois
A Real Academia Española (RAE) e a Obra Social de La Caixa crearon unha biblioteca clásica que reunirá 111 títulos da literatura en español, desde o Cantar del Mío Cid ata Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. A colección estará coordinada polo académico e catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, Francisco Rico.
Fonte: La Vanguardia
A Rioxa e Euskadi difundirán o patrimonio común do castelán e do vasco
A Fundación rioxana San Millán de la Cogolla e a Universidade do País Vasco asinarán un convenio para investigar e difundir o patrimonio emilianense referido ao pasado común de ambos os territorios e á historia das linguas castelá e vasca.
Fonte: ABC
A Dirección Xeral de Tráfico comprométese a adaptar o manual de tráfico e un glosario específico á lingua de signos
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comprometeuse a adaptar o manual de tráfico á lingua de signos española, así como un glosario específico co obxectivo de facilitar o acceso ao permiso de conducir á comunidade de persoas xordas, segundo informou a Confederación Nacional de Xordos (CNSE).
Fonte: Europa Press
O Senado estrea o uso das linguas cooficiais
O Senado deu un paso histórico coa estrea do uso das linguas cooficiais na Cámara que, malia o seu carácter territorial, ata agora vetaba esta posibilidade aos seus representantes.
Fonte: Público
O PSOE oponse ao uso no Congreso das linguas cooficiais
O PSOE oponse, co apoio do PP, a que o uso das linguas cooficiais, que se estreou o pasado día 18 de xaneiro no Senado, se estenda á Cámara baixa, como queren os nacionalistas.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín