Xeral

Nacen unha radio e unha web didácticas para a aprendizaxe do español

A Fundación da Lingua Española puxo en marcha dúas novas ferramentas didácticas, baseadas nas tecnoloxías da información, para estender a nivel internacional a aprendizaxe do español grazas a un portal web e a unha emisora de radio.

Fonte: El Mundo

Xeral

A Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas convoca os Premios Fundación CNSE 2011

A Fundación CNSE abriu a convocatoria dos seus Premios 2011. O primeiro destes galardóns é o Premio Fundación CNSE á investigación sobre a lingua de signos española, que ten como obxectivo fomentar a produción en España de traballos innovadores de investigación sobre esta lingua.

Fonte: RRHHDigital

Xeral

Os servizos de interpretación da lingua de signos redúcense debido á crise

A lei recoñece (desde 2007) o dereito a que as persoas xordas dispoñan dos recursos necesarios para desenvolverse en calquera aspecto da vida, implantando nos centros públicos un servizo de interpretación en lingua de signos, pero coa crise o seu desenvolvemento, que era lento, volveuse aínda máis lento.

Fonte: ADN

Xeral

A Fundación Comillas impartirá un curso virtual sobre dinámicas de traballo na aula de español como lingua estranxeira

A Fundación Comillas impartirá desde o 7 de marzo un novo curso sobre o ensino do español como lingua estranxeira, concretamente sobre as dinámicas de traballo para aplicar na aula.

Fonte: Europa Press

Xeral

O Tribunal Supremo oponse a que o catalán sexa un mérito determinante para os fiscais substitutos

O Tribunal Supremo desestimou o recurso contencioso-administrativo presentado pola Generalitat de Cataluña para que o coñecemento da lingua cooficial dunha comunidade autónoma sexa un mérito “determinante” no nomeamento de membros substitutos do Ministerio Fiscal.

Fonte: 20 minutos

Xeral

Os estudantes do Instituto Cervantes duplicáronse en cinco anos

As matrículas para aprender español nos centros do Instituto Cervantes en todo o mundo duplicáronse nos últimos cinco anos, asegurou na sesión parlamentaria de control ao Goberno a ministra de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez.

Fonte: ADN

Xeral

A páxina web Practica Español visítase en máis de 60 linguas diferentes

A páxina web Practica Español recibe visitas de máis dun centenar de países/territorios do mundo, en 60 linguas distintas, segundo afirmou, na Universidade de Navarra, a responsable executiva do proxecto da Axencia EFE, María José Izquierdo.

Fonte: ABC

Xeral

“A Rúa dos Idiomas” é a aposta do Salón Internacional Aula pola aprendizaxe de linguas

O Salón Internacional do Estudante e a Oferta Educativa, Aula, crea nesta nova edición “A Rúa dos Idiomas”, un espazo singular onde o público atopará a oferta de linguas estranxeiras, segundo informou a organización.

Fonte: Europa Press

Xeral

A Fundación Comillas imparte o curso virtual “Dinámicas de traballo na aula de español como lingua estranxeira”

A Fundación Comillas impartirá un novo curso sobre o ensino do español como lingua estranxeira (ELE), concretamente sobre as dinámicas de traballo para aplicar na aula.

Fonte: 20 Minutos

Xeral

O ciclo “As institucións da Lingua Española” dará a coñecer o labor da Fundación Comillas

O ciclo de conferencias “As institucións da Lingua Española”, que acollerá do 21 ao 31 de marzo a Universidade Complutense de Madrid, dará a coñecer o labor da Fundación Comillas, un centro de excelencia dedicado á promoción e ensino especializado da lingua e a cultura hispánicas.

Fonte: 20 minutos

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder