Xeral

O Senado pide fomentar a versión orixinal e as linguas cooficiais no cine

O Senado acordou, coa única oposición do PP, apoiar unha moción presentada polo PSOE na que se insta o Goberno a tomar medidas para garantir o dereito dos cidadáns a acceder aos contidos cinematográficos e audiovisuais no idioma que prefiran.

Fonte: El País

Xeral

O dominio de idiomas permite acceder a un 27,55 % máis de ofertas de emprego

O dominio de idiomas permite acceder a un 27,55 % máis de ofertas de emprego. O máis solicitado polas empresas é o inglés (72 %), aínda que rebaixou a súa posición dominante a favor do francés, que xa o requiren para un 8,5 % dos postos de traballo.

Fonte: Ideal

Xeral

Os directores das Academias da Lingua Española reúnense en Burgos

Os directores das vintedúas Academias da Lingua Española de España, América e Filipinas celebrarán unha reunión plenaria do 19 ao 22 de xullo cuxas sesións se realizarán en Madrid e Burgos, co propósito de estudar a situación dos proxectos lingüísticos comúns, propor novas iniciativas e elaborar conxuntamente o plan de acción dos próximos anos.

Fonte: ABC

Xeral

A Real Academia Española crea unha unidade para canalizar as críticas sobre o Dicionario

A Real Academia Española creou unha unidade para canalizar as críticas e propostas relacionadas co Dicionario, que serán estudadas de inmediato e incorporadas á edición dixital, se se consideran adecuadas.

Fonte: La Voz de Galicia

Xeral

Enxeñeiros da Universidade Politécnica de Madrid presentan un dicionario informático en lingua de signos

Este dicionario técnico traduce ao redor de 700 termos informáticos á lingua de signos española.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Os políticos españois suspenden en idiomas e novas tecnoloxías

Os líderes dos grandes partidos non teñen coñecementos de inglés nin francés, nin utilizan as redes sociais para estar en contacto directo cos cidadáns.

Fonte: Diario de Sevilla

Xeral

O Congreso debate unha iniciativa para que as canles autonómicas se vexan noutras comunidades coa mesma lingua

O Pleno do Congreso debate a toma en consideración dunha iniciativa cidadá que pretende que as canles de televisión autonómicas se poidan ver nas comunidades onde se comparta a mesma lingua.

Fonte: Diario Siglo XXI

Xeral

O Congreso dos Deputados apoia o modelo lingüístico de Cataluña

O Congreso dos Deputados emitiu unha mensaxe de apoio ao modelo lingüístico de Cataluña, contido nunha iniciativa de ERC que contou co apoio de todos os grupos parlamentarios excepto o PP.

Fonte: RTVE

Xeral

Os bebés distinguen antes o francés do inglés que o castelán do catalán

Os bebés acabados de nacer son capaces de distinguir algúns pares de idiomas coma o inglés e o francés ou o xaponés e o inglés, mentres que no caso do catalán e o castelán non é ata os catro meses cando comezan a diferenciar as dúas linguas.

Fonte: ABC

Xeral

Internet ofrece cada vez máis marxe para a promoción da lingua española

As novas tecnoloxías, especialmente internet, ofrecen cada vez unha maior marxe de aproveitamento para a promoción da lingua española como un importante recurso económico a través do seu ensino para alumnos estranxeiros.

Fonte: ABC

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder