Xeral
A Real Academia Española carga contra as guías sobre linguaxe non sexista
O pleno da Real Academia Española da lingua aprobou un informe do académico Ignacio Bosque no que se critican as directrices contidas en nove guías sobre linguaxe non sexista elaboradas por comunidades autónomas, sindicatos e universidades, porque, se se aplicase estritamente o que din, “non se podería falar”.
Fonte: Levante-emv
A Real Academia Española homenaxea o éuscaro por primeira vez nos seus 300 anos
"O éuscaro non é un muro, senón unha ponte". Esta mensaxe da directora do Instituto Etxepare, Aizpea Goenaga, tivo unha caixa de resonancia especial, o Salón de Plenos da Real Academia Española (RAE) que por primeira vez nos seus 300 anos de historia rendeu homenaxe ao éuscaro.
Fonte: Deia
Un total de 34 universidades españolas propón un modelo común de acreditación de idiomas
A Asociación de Centros de Linguas da Educación Superior (Acles), formada por 34 universidades públicas e privadas, propuxo un modelo común de criterios de acreditación de coñecemento de linguas estranxeiras para facilitar a internacionalización no Espazo Europeo de Educación Superior.
Fonte: Magisnet
O órgano do Estado encargado das linguas cooficiais leva dous anos sen reunirse
O Consello e a Oficina de Linguas Oficiais, un órgano interministerial que o Goberno de España enmarcaba no seu "obxectivo de procurar unha mellor atención aos dereitos lingüísticos dos cidadáns", foi levado ao cuarto dos obxectos sen uso, ata o punto de que o vindeiro mes de xullo este organismo cumprirá dous anos sen ter un só encontro.
Fonte: Praza Pública
Os gobernos vasco e navarro colaborarán na protección e desenvolvemento do éuscaro
Os gobernos vasco e navarro asinarán un convenio de colaboración en diversas materias relacionadas coa protección e desenvolvemento do éuscaro.
Fonte: Europa Press
As autonomías bilingües apoian a promoción da súa lingua propia mentres que as monolingües a consideran excesiva
A maioría de cidadáns de comunidades oficialmente bilingües cre que as políticas desenvolvidas polos executivos autonómicos para promover o coñecemento e o uso da lingua propia son “adecuadas”, mentres que desde as rexións monolingües as medidas se ven maioritariamente como “excesivas”.
Fonte: ABC
A crise e o turismo disparan os cursos de chinés, árabe, ruso e portugués
O inglés deixou de ter o monopolio das linguas estranxeiras. Os últimos anos, o chinés, o ruso, o árabe e o portugués gañaron terreo ante as posibilidades laborais que abren.
Fonte: Economía Digital
España é o único país, de 18 europeos analizados, que ofrece aprendizaxe a idade temperá para todo tipo de idiomas
España é o único país, dun total de 18 países europeos analizados, que ofrece aprendizaxe a idade temperá para todo tipo de idiomas e destaca por ofrecer, xunto a Dinamarca e Suíza, formación a nenos moi pequenos para o mantemento e desenvolvemento das súas linguas e culturas de orixe.
Fonte: Europa Press
Apenas un 5 % dos profesionais españois ten un bo nivel de inglés
Só un 16,4 % dos españois considera que ten un nivel avanzado de inglés, unha cifra que podería ser bastante menor se o nivel se valorase de forma obxectiva. Ademais, segundo o recoñecido profesor de inglés Richard Vaughan, “apenas un 5 % dos profesionais españois ten un bo nivel de inglés”.
Fonte: El Confidencial
Twitter estará en catalán e éuscaro a partir do 5 de xullo
Twitter estreará novas traducións o 5 de xullo de 2012. Entre as novas linguas están o éuscaro e o catalán, que terá a súa propia versión de Twitter tras meses de campaña na rede social de usuarios de Cataluña reclamando aos responsables unha tradución.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín