Xeral

O chinés é a segunda lingua máis demandada para os nenos en España

A compañía de ensino de linguas Diverbo analizou as tendencias no comportamento dos usuarios á hora de estudar idiomas e constata que este ano o chinés irrompeu con forza como a segunda lingua estranxeira máis solicitada para os rapaces, tras o inglés.

Fonte: ABC

Xeral

A Real Academia Española estudará se cambia a definición de ‘bable’ e ‘asturiano’ para eliminar a denominación de dialecto

A Real Academia Española fixo chegar unha comunicación do seu secretario, Darío Villanueva, a Iniciativa polo Asturiano na que agradece o informe e proposta enviados por esta organización á RAE para solicitar a revisión e modificación da definición dos termos ‘asturiano’ e ‘bable’ no seu Dicionario, onde hogano aparecen definidos como ‘dialecto’ en lugar de lingua ou idioma.

Fonte: El Comercio

Xeral

A asociación FIAPAS denuncia que non se aplique a lei que regula a lingua de signos

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) denunciou que a lei pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas “non se desenvolveu en todos os seus termos”, despois de cinco anos desde a súa entrada en vigor.

Fonte: Europa Press

Xeral

Un 24 % dos españois considera que os seus fillos deben aprender chinés

Os españois queren aprender chinés, segundo datos do ultimo Eurobarómetro sobre “Os Europeos e as súas Linguas”, onde tamén se reflicte que un 24 % dos enquisados (fronte ao 14 % dos europeos) considera que este idioma é a segunda lingua que escollería para o futuro dos seus fillos.

Fonte: La Razón

Xeral

Só un terzo dos españois afirma falar inglés

Os idiomas seguen sendo unha das principais materias pendentes dos españois, algo que queda patente en que só o 2,7 % das persoas de entre 18 e 65 anos fala alemán e o 35,5 % sabe inglés, porcentaxes que, ademais, non reflicten o grao de coñecemento da lingua.

Fonte: El Correo

Xeral

Presentan a primeira tradución da Constitución Española á lingua de signos

A primeira tradución da Constitución Española ás linguas de signos española e catalá nace este ano para conmemorar o Día da Constitución.

Fonte: Diario Vasco

Xeral

A Confederación de Persoas Xordas denuncia que non se lles garante a aprendizaxe de lingua de signos aos alumnos xordos

A Confederación de Persoas Xordas denunciou que a aprendizaxe, uso e coñecemento da lingua de signos para alumnos xordos e as súas familias non se garante, a pesar da Lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

Fonte: Europa Press

Xeral

As comunidades autónomas pagarán ensino privado en castelán se non hai oferta pública

As administracións sufragarán a escolarización en centros privados cando os alumnos non atopen unha oferta docente pública ou concertada na lingua vehicular de ensino que escollan os pais ou titores.

Fonte: RTVE

Xeral

A Constitución en lingua de signos recibe 1200 visitas na súa primeira semana

A páxina web da Constitución Española en lingua de signos, destinada ás persoas xordas, recibiu na súa primeira semana de existencia máis de 1200 visitas.

Fonte: Diario Vasco

Xeral

As linguas cooficiais trataranse igual que o castelán na Lei de mellora da calidade educativa

O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, asegurou que as linguas cooficiais (catalán, galego, éuscaro e valenciano) van ter o mesmo tratamento que o castelán e o resto de materias troncais en carga lectiva na futura Lei de mellora da calidade educativa (LOMCE).

Fonte: Europa Press

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder