Xeral
Ata o 31 % das ofertas de traballo require saber unha lingua estranxeira
O 31,3 % das ofertas de traballo require saber unha lingua estranxeira, unha porcentaxe que pode duplicarse para perfís cualificados ou sectoriais de actividade específicos, pese a que 6 de cada 10 empregados aseguren que non utilizan os idiomas que lles esixiron ao ser contratados.
Fonte: El Comercio
Renfe esixiralles aos camareiros dos trens fluidez en linguas cooficiais
Renfe vai pór como requisito ás empresas que concursen para facerse cos servizos de restauración dos trens que cubran liñas nacionais que o seu persoal fale «con fluidez» catalán, galego e éuscaro -se son necesarios no itinerario que cobre a liña-, ademais de castelán e inglés.
Fonte: La Voz de Galicia
Asociacións de emigrantes reúnense en defensa dos programas de lingua e cultura españolas
Varias organizacións de emigrantes do Reino Unido, Francia, Suíza e os sindicatos de profesores CCOO, UGT e STES uníronse nunha plataforma a favor do mantemento e desenvolvemento das Agrupacións de Lingua e Cultura Españolas (ALCE) para descendentes de españois no estranxeiro.
Fonte: Terra
Tres organizacións xuvenís de Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana únense en defensa do catalán
As xuventudes de EuiA iniciaron unha “fronte común” para defender o catalán xunto cos mozos de Esquerra Unida do País Valenciano e Esquerra Unida das Illas Baleares. As tres organizacións elaboraron un comunicado conxunto no que instan a crear un “marco de colaboración estable” para loitar xuntos en defensa do catalán”.
Fonte: ABC
A Confederación Estatal de Persoas Xordas denuncia a ausencia de intérpretes de lingua de signos nos colexios
A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) denunciou que, cando se cumpren seis anos da lei que recoñeceu a lingua de signos castelá e catalá, aínda hai alumnos con discapacidade auditiva escolarizados en España que non dispoñen dun intérprete en clase que lles traduza a lección do profesor.
Fonte: Europa Press
O inglés é a lingua máis solicitada por estudantes e empresas en España
A lingua que máis se solicita no mercado laboral é o inglés. Concretamente, pídese en máis do 85 % das ofertas que requiren o coñecemento de linguas estranxeiras, chegando case ao 90 % das ofertas para titulados superiores.
Fonte: El Economista
Estréase o filme "O pequeno mago" en galego, castelán e éuscaro

A película O pequeno mago foi realizada por Deboura Cultural e dirixida por Roque Cameselle. O filme está baseado na novela xuvenil Bieito Dubidoso, escrita por Cameselle e editada por Xerais.
Fonte: Culturagalega.org
O Senado rexeita unha moción para aumentar o uso do éuscaro na Xustiza
O Senado rexeitou unha moción que tiña como finalidade instar o Goberno a que aumente o uso do éuscaro nas administracións de Xustiza do Estado e do País Vasco.
Fonte: Noticias Terra
Máis de 20 000 persoas aprenderon lingua de signos nos últimos catro anos
Máis de 20 000 persoas aprenderon lingua de signos nos últimos catro anos grazas aos cursos que ofrece o movemento asociativo de persoas xordas da Confederación Estatal de Persoas Xordas. Só no último curso escolar (2012-2013), ofertáronse máis de 340 cursos e formouse a un 28,7 % máis de alumnos que no ano anterior.
Fonte: Diario Siglo XXI
O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española examina o uso desta na televisión española
O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española, CNSE, está levando a cabo un estudo sobre a calidade da lingua de signos para as persoas xordas na televisión. O propósito do cuestionario é coñecer a opinión das persoas xordas sobre a interpretación á lingua de signos dispoñible nos programas de televisión. A información proporcionada a través do cuestionario permitirá mellorar a accesibilidade aos programas de televisión en lingua de signos española.
Fonte: Diario Signo
Boletín
Subscríbase ao boletín