Xeral

O Tribunal Supremo rexeita un recurso en catalán

O Tribunal Supremo rexeitou un recurso en catalán de Marc Belzunces, que estuda agora a posibilidade de facer un recurso de amparo ao Tribunal Constitucional, ao consideralo un “caso de discriminación dos falantes de catalán” nos tribunais de xustiza españois.

Fonte: E-noticies

Xeral

A mensaxe de Nadal do rei incorpora por primeira vez a lingua de signos española

A mensaxe de Nadal do rei incorpora por primeira vez na súa historia a xanela co intérprete de lingua de signos española na súa emisión por televisión, segundo informa o Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española.

Fonte: El Mundo

Xeral

Euskadi e Navarra negocian a equiparación dos seus títulos de éuscaro

Os Gobernos de Euskadi e Navarra están analizando a sinatura dun convenio para colaborar no fomento do éuscaro que inclúa, entre outras disposicións, a equiparación dos títulos de éuscaro que expiden ambas as administracións.

Fonte: El País

Xeral

O Ministerio de Educación convoca 14 000 bolsas para os cursos de inmersión en lingua inglesa

O Ministerio de Educación publicou no Boletín Oficial do Estado a convocatoria de bolsas 2012 para participar nos cursos de inmersión en lingua inglesa. Estes cursos están organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo entre o 5 de marzo e o 10 de decembro nas súas once sedes.

Fonte: Empresa exterior

Xeral

A crise dispara a demanda de cursos de idiomas

Nestes tempos de crise, o coñecemento dun segundo idioma converteuse nunha ferramenta fundamental para encontrar emprego. Por este motivo, nos últimos tempos disparouse a demanda de cursos de idiomas, especialmente os de inglés.

Fonte: RTVE

Xeral

O escaso coñecemento da lingua inglesa entre os españois provoca a perda de oportunidades

O idioma inglés segue a ser a materia pendente española na diplomacia, o emprego, o turismo, o comercio, as finanzas e as relacións persoais. Só os rusos e os turcos están peor que os españois no coñecemento desa lingua.

Fonte: Diario de Navarra

Xeral

O Goberno español promoverá o "bilingüismo integrador" nas comunidades con dúas linguas oficiais

A vicepresidenta e portavoz do Goberno español, asegurou que “o goberno considera que o que se debe promover en todas as comunidades autónomas que teñen unha lingua oficial propia, ademais do castelán, é ese bilingüismo integrador e equilibrado que se practica na rúa”.

Fonte: e-noticies

Xeral

A Confederación Estatal de Persoas Xordas crea unha web para facilitar o ensino da lingua de signos nos centros educativos

A CNSE, Confederación Estatal de Persoas Xordas, e a súa Fundación publicaron Actividades en LSE, unha páxina web bilingüe (lingua de signos española – castelán) cuxo obxectivo é facilitar o proceso de ensino e aprendizaxe da lingua de signos española nas etapas de Educación Infantil e Primaria.

Fonte: Solidaridad Digital

Xeral

A Confederación Nacional de Persoas Xordas lamenta o desequilibrio territorial no servizo de intérpretes de lingua de signos

A presidenta da Confederación Nacional de Persoas Xordas (CNSE en castelán), Concha Díaz, denunciou que existe un gran desequilibrio territorial nas comunidades autónomas á hora de ofrecer o servizo de intérpretes de lingua de signos na vida diaria.

Fonte: El Economista

Xeral

O éuscaro, o galego, o catalán e o valenciano poderían deixar de falarse no Senado

O portavoz do PP no Senado asegurou que o seu partido suxerirá ao resto dos grupos da Cámara Alta se manteñen ou retiran a posibilidade de usar as linguas autonómicas nos Plenos.

Fonte: El Economista

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder