Xeral

Propoñen a creación dunha comisión conxunta para coordinar as políticas lingüísticas en Euskadi, Navarra e País Vasco francés

EH Bildu propuxo a creación dunha comisión conxunta entre diversas institucións de Navarra, Euskadi e País Vasco francés para a coordinación e o fomento de políticas lingüísticas que impulsen a normalización do éuscaro.

Fonte: Diario de Navarra

Xeral

O Senado reclama que o Instituto Cervantes se encargue de todas as linguas oficiais de España

O ministro de Educación, Cultura e Deporte explicou que o Instituto Cervantes debe ocuparse de todas as linguas oficiais, ante a reclamación dun senador que pediu que esta institución atendese a realidade plurilingüe do Estado español.

Fonte: El Español

Xeral

O Goberno español aprobou en 2015 un total de 101 regulacións que priorizaban o castelán

Segundo un informe, durante o período de tempo que estivo en funcións, o Goberno español aprobou 52 medidas que establecían a lingua española como requisito obrigatorio en trámites e xestións da cidadanía en ámbitos como a documentación, o dereito de información, o ensino, a etiquetaxe, a solicitude de bolsas etc.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

A Fundación do Español Urxente escolle "populismo" como palabra do ano 2016

O equipo da Fundación do Español Urxente seleccionou este ano "populismo", unha palabra orixinalmente neutra que se foi enchendo de connotacións ata converterse nunha arma no debate político.

Fonte: Fundéu

Xeral

Un proxecto busca o desenvolvemento da cooperación transfronteiriza e a transferencia de coñecemento en tecnoloxías da lingua

Forman parte do proxecto Linguatec organizacións vinculadas ao aragonés, o éuscaro e o occitano, como linguas pirenaicas, así como o catalán, o castelán e o francés, que se unen para desenvolver novas tecnoloxías relacionadas coa lingua e o turismo.

Fonte: AraInfo

Xeral

Segundo un estudo, só un 11% da poboación española está estudando unha lingua estranxeira

Segundo datos do Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas, só un de cada dez maiores de 18 anos estuda unha lingua estranxeira. Deles, a maioría (77,9%) está aprendendo inglés, lingua á que seguen, a moita distancia, o francés (11%) e o alemán (7,8%).

Fonte: 20minutos

Xeral

O Dicionario da RAE xa está dispoñible nunha aplicación descargable para usarse sen conexión a internet

Unha nova aplicación permitirá descargar a última edición do Diccionario de la lengua española (DLE) da RAE. Ademais, pode accederse sen conexión a internet e está dispoñible para Apple e Android.

Fonte: RAE

Xeral

O Estado español deberá decidir se catalán e valenciano son a mesma lingua

O avogado Joan Vall iniciou un proceso que levou a Tribunal Superior de Xustiza de Madrid a pedirlle ao Estado que decida se catalán e valenciano son ou non a mesma lingua.

Fonte: El Nacional

Xeral

Galego, catalán e éuscaro teñen unha presenza marxinal nas páxinas web de Moncloa e das Cortes

Nas webs das principais institucións do Estado español, galego, éuscaro e catalán teñen unha presenza residual, ademais de conter erros lingüísticos abundantes.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Xeral

Unha proposición de lei recollerá a posibilidade de dirixirse ao Estado en catalán, éuscaro e galego

O PSOE e o PSC teñen previsto presentar unha proposición de lei orgánica que permitiría utilizar o galego, o catalán e o éuscaro nas comunicacións ante os poderes públicos estatais, e que obrigaría a que as webs da Administración Xeral do Estado estean dispoñibles integramente nestas linguas.

Fonte: El Periódico

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder