Xeral

Os gobernos de Baleares, Cataluña e Comunidade Valenciana comprométense a colaborar en materia de lingua e cultura

Os gobernos de tres territorios de fala catalá, Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana, presentaron a Declaración de Palma, pola que se comprometen a unir forzas para acadar unha serie de obxectivos relativos aos ámbitos cultural e lingüístico.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Xeral

Case o 46% do alumnado de Educación Secundaria en España estuda dúas ou máis linguas

Segundo os datos de Eurostat, España sitúase así entre os países menos políglotas da UE, onde a media alcanza case o 59%.

Fonte: Antena 3

Xeral

Os requisitos lingüísticos para acceder ao emprego público varían dun territorio a outro nas comunidades autónomas bilingües

Existen notables diferenzas nos criterios lingüísticos para acceder ao emprego público segundo falemos de Galicia, Cataluña, País Vasco, Navarra, Baleares ou Comunidade Valenciana.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

O número de webs en éuscaro supera as 18 000

Un total de 18 317 web están en éuscaro, das cales un terzo utiliza o dominio .eus, o que supón máis de 6300.

Fonte: Deia

Xeral

Escolares de diferentes centros do País Vasco e Navarra participan no concurso Coca-Cola de Novos Talentos en éuscaro

Un total 354 mozas e mozos procedentes de 57 centros escolares do País Vasco e Navarra participaron nas probas escritas do concurso Coca-Cola de Novos Talentos en éuscaro.

Fonte: Noticias de Navarra

Xeral

Os responsables de política lingüística de Baleares, Cataluña e Comunidade Valenciana reúnense para acordar actuacións conxuntas

Esta reunión de traballo dos responsables das políticas lingüísticas dos tres territorios serviu para tratar algúns temas como a presenza do catalán na documentación e as páxinas web estatais e europeas.

Fonte: El Diario

Xeral

Un proxecto convida o alumnado a buscar cazapos ortográficos

No proxecto educativo Gazapon Go participaron 25 colexios de oito comunidades autónomas. Con esta iniciativa convídase os alumnos a que "capturen" cazapos, erratas e erros lingüísticos que atopen no seu día a día.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Un estudo analiza a transferencia de trazos lingüísticos entre éuscaro e castelán

A investigación, realizada pola Universidade do País Vasco, a Universidade Pública de Navarra e o Centro de Investigación da Lingua e os Textos Vascos de Baiona (Francia), analiza a prosodia do castelán en contacto co éuscaro.

Fonte: Pamplona Actual

Xeral

Reclaman que as linguas de signos española e catalá formen parte da pluralidade lingüística de España

A lingua de signos foi reivindicada nun seminario celebrado no Senado como parte da diversidade lingüística que existe en España, un acto no que se reclamou a superación da desigualdade á que historicamente se viu sometida.

Fonte: Qué!

Xeral

Premian unha tese de doutoramento que pide a oficialidade de galego, catalán e éuscaro, xunto co español, en todo o Estado

A profesora Vicenta Taxa Fuster, da Universidade de Valencia, recibiu o premio Manuel Duran i Bas pola súa tese de doutoramento que insta a modificar a Constitución para converter en oficiais do Estado as catro linguas máis faladas de España (castelán, catalán, galego e vasco).

Fonte: Galicia Confidencial

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder