Xeral

O Dicionario da lingua española da RAE recibiu 750 millóns de visitas no ano 2017

A última edición da versión en liña do Dicionario da lingua española da RAE pechou o ano 2017 con preto de 750 millóns de visitas. A media mensual de consultas foi de 65 millóns e foi marzo o mes no que máis visitas se rexistraron (82 millóns).

Fonte: Real Academia Española

Xeral

O Premio Nacional á Mellor Tradución aceptará obras traducidas a calquera lingua oficial de España

A edición de 2018 do Premio Nacional á Mellor Tradución aceptará recoñecer obras traducidas do castelán a outras linguas oficiais de España e viceversa. Isto será posible grazas a unha solicitude da Real Academia da Lingua Vasca, pois, en edicións anteriores, as bases do galardón non recollían a posibilidade de premiar traducións a outras linguas de obras escritas en castelán.

Fonte: ABC

Xeral

Galego, éuscaro e catalán aumentan a súa presenza no eido dos videoxogos

De acordo co Libro branco do desenvolvemento español de videoxogos 2017, a lingua galega, a vasca e, especialmente, a catalá incrementaron a súa presenza nos videoxogos publicados no ano 2016. No caso do galego, un 5% incorpora esta lingua, mentres que para o éuscaro a porcentaxe se reduce ao 3%, en ambos os casos, un punto porcentual máis que o ano anterior. Destaca o crecemento do 10% do catalán, pois un de cada catro inclúeo entre as súas opcións lingüísticas.

Fonte: Videojuegos vascos

Xeral

Varias linguas españolas atópanse en risco de desaparecer

En España existen ata 6 linguas con máis de 250 000 falantes que se atopan en risco de desparecer, segundo datos da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Estas linguas son o bable, o aranés, o aragonés, a fala estremeña, o tamazight e o caló.

Fonte: EcoDiario

Xeral

A nova plataforma lingüística Enclave RAE será presentada oficialmente en Albacete

A Real Academia Española (RAE) levará a cabo a presentación da nova plataforma lingüística Enclave RAE na cidade de Albacete na primavera de 2018. Esta nova plataforma tecnolóxica pretende servir para mellorar o uso da lingua castelá nos ámbitos educativo e profesional, así como nas institucións públicas.

Fonte: La Cerca

Xeral

A Real Academia Española estuda modificar a definición da palabra "luxo"

O grupo de expertos da Real Academia Española está estudando a posibilidade de modificar a definición da palabra "luxo" por considerar que as acepcións recollidas actualmente no dicionario conteñen unha connotación negativa.

Fonte: Debate

Xeral

Menos do 23% dos euscaldúns adoita ler en éuscaro

Un estudo recente sobre os hábitos de lectura dos euscaldúns conclúe que soamente un 22,9% dos enquisados le habitualmente en éuscaro, debido a, entre outros motivos, a falta de tempo ou a ausencia de contidos determinados.

Fonte: El Diario Vasco

Xeral

A Real Academia Española revisará algunhas definicións do dicionario pola súa connotación sexista

Algunhas palabras do dicionario da Real Academia Española serán revisadas por conter connotación machista na súa definición, como xa se fixo co termo "fácil" para referirse a "muller que se presta sen problemas a manter relacións sexuais".

Fonte: Misiones Cuatro

Xeral

A Real Academia da Lingua Vasca organizará nove congresos para celebrar o seu centésimo aniversario

Con motivo da celebración do centenario da Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, prevese organizar nove congresos entre 2018 e 2019 en todos os territorios en que se fala éuscaro, nos que se tratarán asuntos relacionados cos ámbitos de actuación da Academia.

Fonte: El Diario

Xeral

Presentan unha proposición de lei no Congreso para que se promovan as linguas españolas oficiais distintas do castelán

ERC presentou unha proposición de lei no Congreso para solicitar protección e promoción das linguas españolas oficiais distintas do castelán: catalán, éuscaro, galego e occitano.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder