Xeral
O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado reunirase para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía
O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado, creado en 2007, reunirase por vez primeira desde o ano 2010 para analizar un informe sobre o grao de cumprimento do uso das linguas cooficiais na Administración Xeral do Estado e os seus organismos adscritos.
Fonte: Galicia Confidencial
O Ministerio de Fomento tratará de que Google e outros operadores respecten a toponimia nas linguas cooficiais
O ministro de Fomento sinalou que o seu departamento está a traballar coas comunidades autónomas con linguas cooficiais para actualizar a toponimia da web do Instituto Xeográfico Nacional e dos buscadores derivados.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A utilización de galego, catalán e vasco nas webs da Moncloa dependerá da dispoñibilidade orzamentaria
Despois de comunicar o desexo de conseguir unha plena accesibilidade nas linguas cooficiais das páxinas web dos departamentos ministeriais e organismos públicos da Administración Xeral do Estado, agora o Goberno español aclara que dependerá das dispoñibilidades orzamentarias.
Fonte: Galicia Confidencial
Unha nova canle de televisión en liña converterase nun espazo común para os territorios de fala catalá
A nova canle, Bon Dia Televisió, nace grazas ao acordo das televisións autonómicas do arquipélago balear, IB3, e de Cataluña, TV3.
Fonte: Mallorca Diario
A Comisión de Cultura do Congreso aposta por crear un día dedicado ás linguas ibéricas
A Comisión de Cultura do Congreso emprazou o Goberno a asumir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e promover as linguas cooficiais nos ámbitos da xustiza, do ensino, dos medios de comunicación e da Administración Xeral do Estado.
Fonte: Galicia Confidencial
Portugal e España traballarán conxuntamente para potenciar as linguas portuguesa e española a nivel mundial
Os ministros de Asuntos Exteriores de ambos os países mostraron en Madrid a súa vontade de aumentar a colaboración para potenciar a afirmación do español e o portugués a nivel mundial.
Fonte: Expresso
O proxecto de corpus da lingua de signos española preséntase en Madrid
Este proxecto ten como finalidade proporcionarlles aos investigadores, docentes e persoas interesadas recursos para a investigación lingüística e a formación.
Fonte: El Periódico
País Vasco, Navarra e Iparralde asinarán un acordo para promover o uso do éuscaro
Os gobernos do País Vasco e Navarra, xunto co Organismo Público do Éuscaro de Iparralde, asinarán un convenio para promover o éuscaro, que recolle que a colaboración se levará a cabo en eidos como a educación e a capacidade lingüística, a investigación sociolingüística ou en áreas para desenvolver a política lingüística no ámbito europeo.
Fonte: Expansión
País Vasco, Navarra e Iparralde asinan o acordo para fomentar o uso do éuscaro
Os gobernos do País Vasco e Navarra e a Oficina Pública do Éuscaro de Iparralde, asinaron un acordo para fomentar o uso do éuscaro nestes territorios. O convenio non recolle achegas económicas e especifica cinco ámbitos de colaboración en aspectos como a formación, fomento, avaliación e reflexión en relación coa lingua vasca.
Fonte: El Diario
O éuscaro adquiriu máis de 220 000 falantes nos últimos 25 anos
Segundo a VI Enquisa Sociolingüística, o éuscaro adquiriu 223 000 falantes desde o ano 1991 en todo o territorio desta lingua (País Vasco, Navarra e País Vasco francés). Para chegar a estes resultados, a enquisa analizou catro aspectos: o uso, a competencia lingüística, a transmisión lingüística e a actitude respecto á promoción da lingua.
Fonte: EiTB
Boletín
Subscríbase ao boletín