Xeral
Unha de cada tres ofertas de emprego en España esixe coñecer un idioma estranxeiro
Segundo un estudo realizado por Adecco e Infoempleo sobre a importancia das linguas nas ofertas de traballo, unha de cada tres esixe un idioma estranxeiro e o inglés está presente en nove de cada dez.
Fonte: ABC
España sitúase por riba da media europea no ensino de idiomas en Educación Primaria
Case o 6 % dos alumnos de Educación Primaria en España estudan dous ou máis linguas estranxeiras, cifra que sitúa este país por riba do 4,6 % da media da Unión Europea.
Fonte: Granada Digital
A Universidade Pública de Navarra e a Universidade Vasca de Verán subscriben un acordo para a promoción do éuscaro
Ambas as institucións subscribiron un acordo de colaboración para a promoción do éuscaro no ámbito universitario que contén posibles liñas de traballo para poñer en marcha.
Fonte: Noticias de Navarra
O dicionario xurídico parlamentario do éuscaro unificará a terminoloxía que utilizan as cámaras vasca e navarra
O grupo de traballo encargado deste novo dicionario, que mantivo a súa primeira reunión, unificará os termos en éuscaro que se utilizan nas cámaras vasca e navarra, e nas xuntas xerais dos tres territorios de Euskadi.
Fonte: El Mundo
Ponse en marcha unha campaña para pedir a construción dun espazo de comunicación en catalán
A campaña foi posta en marcha pola rede de entidades Enllaçats per la Llengua e con ela solicitan a creación dun espazo de comunicación en catalán e a reciprocidade de todas as canles de radio e televisión.
Fonte: Mallorca Diario
Unha campaña recolle sinaturas para reclamarlle a Netflix series e filmes en éuscaro
A iniciativa “Euskara Taldea” está a recoller sinaturas na plataforma Change.org para conseguir que se Netflix ofrece contidos en catalán tamén o faga en éuscaro.
Fonte: Pamplona Actual
Preséntanse as edicións en catalán, éuscaro, galego e inglés dos libros infantís da Fundación ONCE
A Fundación ONCE presentou as edicións en catalán, éuscaro, galego e inglés dos libros da colección Biblioteca Infantil, protagonizada por nenos con discapacidade.
Fonte: Te Interesa
Un estudo elaborado por académicos españois analiza o impacto do idioma na expansión empresarial de España
O estudo conclúe que o feito de compartir un idioma cos hispanoamericanos xerou importantes ganancias para as empresas españolas.
Fonte: El Diario
O certame de curtametraxes [ED+C] contará por vez primeira coa participación de traballos en galego, catalán e éuscaro
El día más corto [ED+C] incorpora por vez primeira á súa programación curtametraxes en galego, catalán e vasco, o que constitúe unha das principais novidades da terceira edición desta iniciativa.
Fonte: Galicia Confidencial
Desde a ONCE reclámase que se considere o sistema braille un idioma
Reivindícase que o sistema de lectoescritura braille, nexo de unión de millóns de persoas, se converta nun idioma.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín