Xeral
Presentan un nove exame para determinar o nivel de español que será común en todos os territorios
O Instituto Cervantes presentou o novo exame SIELE, unha proba común en todos os territorios de fala hispana, que determinará o nivel de español de falantes nativos e estranxeiros.
Fonte: Europa Press
Denuncian a falta de interese do Goberno central por protexer o galego en Asturias e León
Un informe sobre linguas rexionais denuncia a desprotección que sofre o galego nas zonas de Asturias e León onde se fala, ademais da falta de medidas do Goberno central por protexelo.
Fonte: Sermos Galiza
Cataluña e Baleares cooperarán en materia de lingua catalá e de cultura
Os gobernos balear e catalán asinarán un convenio de colaboración que beneficiará a creadores de ambas as comunidades.
Fonte: El Mundo
Piden a Apple que introduza o éuscaro no sistema operativo dos seus dispositivos
A través de change.org é posible subscribirse a esta petición fomentada pola organización Iparra.
Fonte: El Correo
Descenden os alumnos de linguas cooficiais mentres que se incrementan os de alemán nas escolas de idiomas
Segundo datos do Ministerio de Educación, nas escolas de idiomas descendeu o número de alumnos que quere aprender catalán, éuscaro, galego ou valenciano, mentres que se incrementou o número dos que escollen alemán ou inglés.
Fonte: Antena 3
As axudas para a escolarización en castelán en centros privados sofren un importante recorte orzamentario
As axudas para a escolarización en castelán en centros privados descenden de seis millóns de euros a un millón.
Fonte: El Mundo
Loreak convértese no primeiro filme en éuscaro preseleccionado para representar a España nos Óscars
O filme en éuscaro Loreak foi un dos preseleccionados para representar a España nos vindeiros Premios Óscar na categoría de mellor película de fala non inglesa.
Fonte: La Información
Unha de cada tres ofertas de emprego en España esixe coñecer un idioma estranxeiro
Segundo un estudo realizado por Adecco e Infoempleo sobre a importancia das linguas nas ofertas de traballo, unha de cada tres esixe un idioma estranxeiro e o inglés está presente en nove de cada dez.
Fonte: ABC
España sitúase por riba da media europea no ensino de idiomas en Educación Primaria
Case o 6 % dos alumnos de Educación Primaria en España estudan dous ou máis linguas estranxeiras, cifra que sitúa este país por riba do 4,6 % da media da Unión Europea.
Fonte: Granada Digital
A Universidade Pública de Navarra e a Universidade Vasca de Verán subscriben un acordo para a promoción do éuscaro
Ambas as institucións subscribiron un acordo de colaboración para a promoción do éuscaro no ámbito universitario que contén posibles liñas de traballo para poñer en marcha.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín