Xeral
O Congreso rexeita o recoñecemento da lingua asturiana no Dicionario da Real Academia Española
A Comisión de Cultura do Congreso rexeitou a proposición non de lei que lle pedía ao Goberno solicitar á Real Academia da Lingua Española o recoñecemento da lingua asturiana no seu dicionario.
Fonte: ABC
A Generalitat de Cataluña e o Goberno vasco colaborarán en materia de documentación especializada en lingua
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e o Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco asinaron un convenio de colaboración entre os seus centros de documentación especializados en aspectos sociais da lingua, considerados os máis importantes de toda Europa: o Centro de Documentación, da Dirección Xeral de Política Lingüística, por parte catalá, e HABE Liburutegia, por parte vasca.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Os alumnos de ESO e Bacharelato poderán estudar lingua de signos ou braille
O Goberno publicará un Real Decreto para incluír nos currículos de ESO e Bacharelato a posibilidade de que os centros escolares ofrezan a materia de Lingua de signos ou braille ou outras materias relacionadas coa comunicación e integración das persoas con discapacidade nestas etapas educativas.
Fonte: RTVE
O 016 xa é accesible para mulleres maltratadas con discapacidade auditiva grazas á videointerpretación en lingua de signos
O teléfono 016 xa é accesible para mulleres maltratadas con discapacidade auditiva, a través dunha plataforma de videointerpretación en lingua de signos. Durante a presentación deste novo servizo, a secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Susana Camarero, destacou que son maiores as trabas coas que as que se enfrontan as maltratadas con discapacidade para romper o círculo da violencia de xénero.
Fonte: RTVE
Os españois sitúanse por debaixo da media europea en coñecemento de idiomas
O idioma máis estudado en España é o inglés, que tan só domina un 25,2 % da poboación, moi por debaixo da media europea de coñecemento de, polo menos, un idioma (50 %).
Fonte: 20 minutos
Crean o Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española
O Instituto Cervantes, a Universidade de Salamanca e a Universidade de México asinaron un acordo polo que se crea o Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española, encargado de determinar o nivel de español das persoas que estuden esta lingua en calquera parte do mundo.
Fonte: Tribuna Salamanca
Unha nova lei incluirá a lingua de signos nos procesos xudiciais
O proxecto da nova Lei de procesamento criminal inclúe a dispoñibilidade da lingua de signos durante os procesos xudiciais para facilitar o acceso á información das persoas xordas.
Fonte: Somos Pacientes
Crean unha aplicación para móbil que traduce textos ás linguas da península ibérica
Un investigador guipuscoano desenvolveu unha aplicación para móbil que permite traducir texto escrito, audio e imaxes á maiorías das linguas da península, en concreto, a castelán, portugués, galego, catalán, éuscaro, occitano, asturiano e aragonés.
Fonte: EITB
Piden que o teléfono de emerxencias 112 incorpore a lingua de signos
A Confederación Estatal de Persoas Xordas, CNSE, reivindicou a incorporación da lingua de signos ao servizo telefónico de emerxencias, para facilitar a súa accesibilidade.
Fonte: Discapnet
España e Rusia celebrarán o ano das súas linguas con máis de cen actos nos dous países
España e Rusia celebrarán máis de cen actos durante o próximo ano para conmemorar o ano da lingua e a literatura rusa en España e o ano da literatura e a lingua española en Rusia.
Fonte: Sputnik Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín