Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xullo de 2026

    A proposta para actualizar o Plan xeral de normalización da lingua galega inclúe case 700 medidas co fin de fomentar e prestixiar o uso do idioma en toda a sociedade. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nun acto no que estivo acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e ao que asistiron preto de 800 persoas de diferentes ámbitos.

    14 de setembro de 2026

    Os centros de catalán de Andorra rexistraron máis de 22 mil persoas usuarias durante o curso 2025-2026, máis do dobre que no curso anterior, cando foran case 10 mil. A maioría utilizou a modalidade de aprendizaxe acompañada, e o Goberno ampliou os horarios dos centros e promove novas formas flexibles de aprender catalán para responder ao aumento do interese pola lingua.

    Fonte: Diari de la Llengua

    14 de setembro de 2026

    A Radio France Internationale (RFI) conmemora os 200 anos da fotografía cun proxecto especial dispoñible en 17 linguas. A iniciativa celebra a historia e a evolución da fotografía e destaca o papel das linguas na difusión internacional da cultura e da información.

    Fonte: RFI

    14 de setembro de 2026

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, clausurou na Universidade do Algarve o Coloquio Internacional Paisagem, Representâo, Percecâo e Identidade, celebrado estes días baixo a organización dos Centros de Estudos Galegos das universidades do Algarve, do Minho e de Lisboa, dependentes da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

    14 de setembro de 2026

    A Universidade de Vigo convoca axudas para o alumnado que presentase e defendese en galego a súa tese de doutoramento, TFG ou TFM oficial entre setembro de 2025 e setembro de 2026. A medida pretende fomentar o uso do galego na elaboración e exposición de traballos académicos, aínda que exclúe determinados TFG de titulacións especificamente vinculadas coa lingua galega e a tradución.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de setembro de 2026

    O Servizo de Éuscaro do Concello de Donostia-San Sebastián ofrecerá de outubro a maio a actividade en liña MintzaOn, destinada a rapaces e rapazas de 8 a 14 anos con coñecementos previos de éuscaro. A proposta gratuíta busca reforzar a expresión oral mediante xogos, retos, música e conversas en pequenos grupos, fóra do horario escolar. Preto de 350 participantes poderán practicar a lingua semanalmente, con dúas modalidades adaptadas ás diferentes idades.

    14 de setembro de 2026

    O Goberno do Principado de Asturias impulsa Llume, un proxecto educativo que recoñecerá os centros públicos e concertados que destaquen na ensinanza e promoción do asturiano e do eonaviego. A iniciativa incluirá axudas económicas para os programas que integren estas linguas na vida académica e cultural, xunto con criterios de inclusión, sostibilidade e coeducación. Na primeira convocatoria repartiranse 16.000 euros e os centros seleccionados recibirán tamén unha acreditación.

    11 de setembro de 2026

    O Consello de Ministros de Angola analizou unha proposta de lei destinada a regular e promover o uso das linguas nacionais do país. A iniciativa pretende reforzar a súa valorización e presenza na sociedade, nun contexto no que Angola busca preservar e promover a súa diversidade lingüística.

    Fonte: Jornal de Angola

    11 de setembro de 2026

    Unha proposta para reducir o papel central do inglés no sistema educativo chinés abriu un debate sobre a importancia desta lingua no país. As persoas que defenden o cambio consideran que se debería dar máis prioridade ao chinés, mentres que outras destacan o valor do inglés para a comunicación internacional e as oportunidades académicas e profesionais.

    Fonte: DW

    11 de setembro de 2026

    Estudos europeos sinalan que o coñecemento de linguas estranxeiras pode supor unha vantaxe laboral nos Países Baixos, aínda que a súa importancia varía segundo o sector e o posto de traballo. O inglés mantén un papel especialmente relevante nos ámbitos internacionais, mentres que outras linguas, como o portugués, tamén poden abrir novas oportunidades no mercado laboral neerlandés.

    Fonte: Região Sul

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder