España
O Concello de Nules presentou as bases para a redacción dun cómic en valenciano

O Concello de Nules expuxo as bases para a redacción dun cómic en valenciano que será publicado pola Academia Valenciana da Lingua. Esta institución iniciou unha nova campaña de animación á lectura en valenciano coa entrega de 1275 cómics que se repartiron entre o alumnado Infantil e de Primaria dos colexios da localidade.
Fonte: El Periodic.com
O Goberno de Navarra pon en marcha plans para Administración sobre o uso do éuscaro
O Goberno de Navarra vai expoñer, ao longo do mes de novembro, as propostas dos plans sobre o uso do éuscaro nas Administracións públicas navarras. O obxectivo é que, ao longo dese período, se inclúan as modificacións e as melloras pertinentes.
Fonte: Noticias de Navarra
A Xunta pola Defensa da Lingua apoia a oficialidade do asturiano
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana insiste na necesidade dunha reforma estatutaria, que permita recoñecer os dereitos lingüísticos e facilitar a supervivencia do asturiano no futuro.
Fonte: La Nueva España
A revista dixital e multimedia en éuscaro Ttap chega a Navarra
Ttap chega a Navarra despois de dar os seus primeiros pasos en Biscaia e Guipúscoa e, se funciona ben, terá unha edición nesta comunidade no ano 2019.
Fonte: Noticias de Navarra
A Concellería de Normalización Lingüística de Castelló organiza un novo concurso de vídeos para promover o valenciano
O Concello de Castelló impulsa un novo concurso de vídeos para promover a normalización do valenciano. Este certame vén precedido dunha exitosa edición do ano anterior na que participaron 26 traballos e o gañador obtivo un premio económico de 3500 euros.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
O Goberno de Cataluña promove o uso do catalán no ámbito xurídico

A Generalitat aproba un decreto que recoñece a equivalencia do certificado de linguaxe xurídica en catalán que imparten as universidades de Cataluña e fomenta que os profesionais do sector utilicen esta lingua na Administración de Xustiza e coñezan o léxico especializado.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Representantes da lingua galesa visitan Euskadi para coñecer algunhas das iniciativas en marcha relacionadas co éuscaro
Varios expertos da lingua galesa visitaron Euskadi para coñecer o labor en materia de euscaldunización de persoas adultas e de fomento do éuscaro na universidade. Para iso reuníronse con representantes de diferentes entidades relacionadas con estes dous ámbitos.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Azkoitia pon en marcha axudas para fomentar o uso do éuscaro no ámbito comercial

O departamento do éuscaro do Concello de Azkoitia outorgará unhas axudas, que poderán acadar ata os 600 euros, para que os establecementos comerciais poidan ter a súa web, programas informáticos, publicidade ou rotulación exterior nesta lingua. Estes comercios tamén terán a posibilidade de solicitar o servizo de tradución e corrección de textos.
Fonte: Diario Vasco
Euskarabidea destina 150 000 euros para cursos de éuscaro dirixidos a persoas adultas
O Goberno de Navarra, a través do Instituto Navarro do Éuscaro, convoca axudas para a aprendizaxe desta lingua entre persoas adultas. Esta nova iniciativa forma parte dos obxectivos presentes no I Plan Estratéxico do Éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
Nace Archiletras, un espazo de debate sobre o uso do español

O proxecto Archiletras contará cunha páxina web que servirá de espazo de debate sobre o uso da lingua española. Ademais, terá soporte en papel, cunha revista divulgativa trimestral e outra de carácter científico de periodicidade semestral.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín