España

A Universidade de Valencia ofertará un 46% das clases en valenciano durante o curso 2019-2020

O Plan de Incremento da Docencia en Valenciano aumentará un 3% a súa oferta cada ano, ata acadar un 50% no 2022. Este proxecto indica que sempre que nunha materia haxa máis dun grupo en lingua non estranxeira, polo menos, un debe de ser en valenciano.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

O 80 % das familias valorou positivamente o plan piloto de uso e promoción do asturiano

Un total de 105 alumnos de seis centros escolares participou no plan piloto para fomentar o uso do asturiano no ámbito educativo, un plan que obtivo unha moi boa valoración entre as familias, pois máis do 80 % destas recomendaría a outras a participación neste proxecto.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Sobe por segundo ano consecutivo o alumnado que estuda galego no Bierzo e en Sanabria

A comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, asinado polos gobernos galego e castelán leonés no ano 2001, constatou na súa reunión anual de seguimento que sobe por segundo ano consecutivo o alumnado que estuda galego no Bierzo e en Sanabria.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Castela e León

Ikastolen Elkartea e AEK preparan unhas unidades divulgativas sobre a iniciativa Euskaraldia

Os colectivos Ikastolen EIkartea e AEK elaboraron unhas unidades didácticas sobre Euskaraldia co obxectivo de proporcionarlles máis información sobre esta iniciativa aos estudantes de ambas as organizacións. Pola súa banda, o colectivo Irrien Lagunak publicou un número especial da revista Irria dedicado á práctica social que se desenvolverá entre o 23 de novembro e o 3 de decembro.

Fonte: eitb

País Vasco

Preséntase unha moción no Senado para que nenas e nenos de toda España estuden as linguas cooficiais

A moción, presentada por Podemos, propón que todos os españois poidan coñecer as linguas cooficiais (catalán, galego e éuscaro) nas comunidades autónomas nas que o castelán é a única lingua oficial.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

A Real Academia da Lingua Vasca recibe o Premio Ondarea polo seu labor de conservación e difusión do éuscaro

A Deputación de Guipúscoa faralle entrega, o vindeiro 16 de novembro, á Real Academia da Lingua Vasca do III Premio Ondarea, co que se recoñece o seu traballo a prol da conservación e a difusión do éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Deputación de Áraba organiza os Premios Lazarraga que recoñecen o traballo a prol do éuscaro no ámbito empresarial

O vindeiro 15 de novembro a Deputación de Áraba entregará os Premios Lazarraga cuxo obxectivo é recoñecer o labor de organizacións e persoas que traballan pola normalización do éuscaro no ámbito socioeconómico.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

O Concello de Pamplona impulsa un programa de fomento da lectura en éuscaro

O programa ‘Irakurriz Gozatu’ (‘Gozar lendo’), organizado polo Concello de Pamplona, levará revistas en éuscaro a centros escolares para fomentar a lectura nesta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Os servizos xurídicos do Concello de Avilés rexeitan a ordenanza municipal sobre o uso do asturiano

Avilés non poderá contar, polo momento, cunha ordenanza sobre o uso do asturiano debido a un informe dos servizos xurídicos municipais que fan esta consideración debido a que esta lingua non ten o rango de oficial.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Comeza a segunda edición das xornadas sobre cultura dixital en éuscaro

A II edición de Sarean Euskaraz, as xornadas sobre cultura dixital en éuscaro que se celebran os días 6 e 7 de novembro en Baluarte, contará con obradoiros, charlas e mesas redondas destinados ao alumnado nas sesións da mañá e ao público en xeral nas de tarde.  

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder