España
Fala Ceibe denuncia no informe sobre a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias a situación do galego no Bierzo
En relación co cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, o colectivo Fala Ceibe denuncia as carencias do galego no ámbito educativo e a falta de medios para facer efectiva a súa normalización.
Fonte: LugoXornal
O Concello de Getxo pon en marcha un plan para fomentar o uso do éuscaro

O Concello de Getxo elaborou un plan para fomentar o éuscaro, no que se recollen 140 medidas para pór en práctica en diferentes áreas, como cultura, comercio, hostelería, administración e novas tecnoloxías.
Fonte: Deia
Catro espectáculos optarán ao II Premio “Nel Amaro” de teatro profesional en asturiano

Un total de nove espectáculos presentáronse ao II Premio “Nel Amaro”, dos cales se seleccionaron catro para a súa representación. Estes finalistas presentarán a súa obra ao longo do mes de novembro e, entre eles, escollerase ao gañador que recibirá 6000 euros.
Fonte: Cadena Ser
Unhas xornadas analizarán o uso do asturiano en diferentes ámbitos
A Universidade de Oviedo acollerá unhas xornadas, organizadas pola Academia da Lingua Asturiana, nas que se analizará o uso deste idioma en ámbitos como o cine ou a arte.
Fonte: La Nueva España
A lingua de signos española converterase en patrimonio cultural inmaterial

O Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura e Deporte informou de que a lingua de signos será patrimonio cultural inmaterial, unha distinción que implica que o estado se compromete a protexer esta lingua tal como expresa a Lei 10/2015.
Fonte: EcoDiario.es
O Parlamento foral de Navarra rexeita que o éuscaro sexa só oficial na zona vascófona
O Parlamento foral de Navarra desestima unha declaración institucional para que a Cámara estableza como lingua oficial en toda Navarra o castelán e que o éuscaro sexa oficial só na zona vascófona.
Fonte: Noticias de Navarra
O Tribunal Constitucional avala que o estado fixe un tratamento similar para o castelán e o éuscaro no ámbito educativo

O Tribunal Constitucional desestimou un conflito de competencias presentado polo Goberno vasco contra a LOMCE que consideraba que o Estado invadía competencias en materia educativa ao impoñer un "tratamento análogo" entre éuscaro e castelán na Educación Primaria
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Instituto Nacional de Administración Pública impartirá un novo curso de linguas cooficiais para o funcionariado

O Instituto Nacional de Administración Pública convoca, por vez primeira, un curso que engloba todas as linguas cooficiais, isto é, galego, catalán, éuscaro e valenciano. Trátase dunha actividade formativa en liña dirixida ao funcionariado que se impartirá entre o 14 de xaneiro e o 13 de setembro de 2019.
Fonte: El Confidencial Autónomico
À Punt Mèdia e a Academia Valenciana da Lingua asinan un convenio para promover o valenciano

O convenio entre À Punt Mèdia e a Academia Valenciana da Lingua, que terá unha duración de catro anos, ten como obxectivo fomentar e difundir a lingua e a cultura valencianas.
Fonte: La Vanguardia
Kontseilua convoca unha manifestación para reivindicar a oficialidade do éuscaro en Navarra

A coalición Geroa Bai súmase á manifestación convocada por Kontseilua, coa que se pretende reivindicar a oficialidade do éuscaro en Navarra e a equiparación dos dereitos lingüísticos de toda a cidadanía.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín