España
Institucións do País Vasco subscriben unha declaración con motivo do Día Internacional do Éuscaro

Representantes das institucións vascas subscribiron unha declaración, co gallo da celebración o vindeiro 3 de decembro do Día Internacional do Éuscaro, que leva por título ‘O éuscaro necesítanos en actitude activa e predisposta. Porque todos os días son euskaraldia’ coa que fan un chamamento á cidadanía para que se implique no impulso desta lingua.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno vasco aproba unha subvención de 68 000 euros para a Mancomunidade de Municipios Euscaldúns

A Mancomunidade de Municipios Euscaldúns, coa axuda de 68 000 euros do Goberno vasco, impulsará catro proxectos de fomento do éuscaro promovidos polo programa anual desta mancomunidade.
Fonte: 20 minutos
A obra Asturploitation de Damián Barreiro Maceiras gaña o premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio en asturiano
Damián Barreiro Maceiras foi o gañador da XXIV edición do Premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio en lingua asturiana, que concede o Goberno do Principado, coa obra Asturploitation. O xurado elixiuna pola relevancia social do tema tratado e pola súa proposta para impulsar o sector audiovisual en asturiano.
Fonte: La Nueva España
Preséntase unha plataforma para fomentar o uso do valenciano entre a mocidade

A plataforma “Valencià en xarxa” preséntase como un proxecto innovador e colaborativo a prol do futuro do valenciano a través da súa promoción en todos os ámbitos de uso social e a conexión, principalmente, coa xente nova.
Fonte: València Extra
A Academia Valenciana da Lingua expresa a súa preocupación ante os ataques á oficialidade do valenciano
A Academia Valenciana da Lingua inaugurou o curso 2018-2019 na sede do Mosteiro de San Miguel de los Reyes, onde comentou a súa preocupación polos ataques que sofren as linguas cooficiais como o valenciano.
Fonte: La Vanguardia
Preséntanse nas Cortes de Aragón novas iniciativas para o impulso do aragonés
A Chunta Aragonesista propón máis mecanismos para fomentar o uso social das linguas propias de Aragón. Así mesmo, este partido informou de que fará emendas ao proxecto de Lei de aprendizaxe ao longo da vida adulta en Aragón.
Fonte: Aragón Digital
A Generalitat de Cataluña reúnese con axentes do sector cinematográfico para promover o cine en catalán

O Departamento de Cultura reuniuse con representantes da distribución e a exhibición cinematográfica co obxectivo de promover o cine en catalán. Durante a reunión fixéronse valoracións das liñas destinadas á dobraxe e á subtitulación e para o fomento da exhibición nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello guipuscoano de Pasaia pon en marcha unha campaña para promover a lectura en éuscaro

O Concello de Pasaia impulsa unha campaña de lectura en éuscaro ('Orriz orri Euskara erabili, orriz orri Euskara igorri') grazas á que farán descontos para adquirir libros escritos en éuscaro. Ademais organizaranse uns actos especiais dirixidos a persoas de diferentes idades.
Fonte: El Diario Vasco
A Academia Valenciana da Lingua considera que o valenciano é unha materia pendente no ámbito xudicial
Segundo un comunicado emitido pola Academia Valenciana da Lingua, o valenciano é aínda unha materia pendente en moitos ámbitos, como o xudicial. Así mesmo, recoñeceu a importancia das reivindicacións recollidas na Declaración Valencianista para a promoción desta lingua.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
A Fundación Euskokultur e a editorial Pamiela convocan a 12ª edición do concurso de microcontos en éuscaro

O concurso de microcontos, que premiará relatos breves ata 100 palabras, conta coa colaboración do Goberno de Navarra a través do Departamento de Educación. O prazo para participar no certame finaliza o 21 de decembro.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín