España

Multiplícase por seis o persoal do Servizo Vasco de Saúde con perfil lingüístico adecuado ao seu posto

Segundo o Goberno vasco, desde 2003 sextuplicouse a porcentaxe de traballadoras/es de Osakidetza que contan co perfil lingüístico adecuado á súa praza, ao pasar do 7,6 % ao 46,6 %.

Fonte: El Diario

País Vasco

Reúnense en Palma os responsables dos departamentos da política lingüística de Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares

Os responsables da política lingüística dos gobernos catalán, valenciano e balear mantiveron unha reunión en Palma de Mallorca co obxectivo de coordinar actuacións neste ámbito.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Museo Guggenheim presenta plataforma web en éuscaro

A nova plataforma web creada polo Museo Guggenheim de Bilbao, chamada Artitz, recolle un fondo documental en éuscaro con máis de 1300 documentos de 44 exposicións realizadas dende a súa apertura en 1997.

Fonte: Ser

País Vasco

A Lei de función pública da Comunidade Valenciana recolle o requisito lingüístico excepto no ámbito da sanidade

O anteproxecto da Lei de función pública, que regula o nivel de valenciano das persoas candidatas a ocupar un posto na Administración, inclúe o requisito lingüístico para o persoal que traballa na Generalitat, agás no ámbito sanitario.  

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A sociedade pública vasca Osatek contará cun plan propio de normalización do uso do éuscaro

A sociedade pública Osatek, dependente do Departamento de Saúde do Goberno vasco, contará cun instrumento de planificación propio para o período 2018-2022 para avanzar na normalización do uso do éuscaro na sanidade vasca. O obxectivo é que se converta en lingua de traballo deste organismo e poder así garantir os dereitos lingüísticos das persoas usuarias.

Fonte: Noticias Press

País Vasco

Bilbao acolle unha reunión do Consello das Linguas Oficiais

O Consello das Linguas Oficiais celebrou unha reunión por vez primeira fóra de Madrid, presidida pola ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, quen apostou por garantir o dereito da cidadanía a poder empregar a lingua que desexe nas súas relacións coa Administración Xeral do Estado.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

Un novo decreto establece os niveis de competencia da lingua asturiana

O Boletín Oficial do Principado publicou o decreto polo que se establecen cinco niveis de competencia do asturiano adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

A corporación municipal de Elgoibar aproba un plan de acción para fomentar o uso do éuscaro

O Plan de acción de promoción do éuscaro 2018-2022 (ESEP) de Elgoibar é un documento que ten como obxectivo promover o uso desta lingua e a súa normalización en todos os ámbitos da vida local.  

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Goberno vasco destinará 7,8 millóns euros aos medios de comunicación en éuscaro

O Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco vai dedicar 7.867.410 euros en 2019 aos medios de comunicación que se publican integramente en éuscaro, o que suporá un aumento de case tres millóns de euros con respecto a este ano.

Fonte: Deia

País Vasco

Un informe salienta o elevado uso da lingua catalá nas novas tecnoloxías

O Informe de Política Lingüística 2017 da Generalitat de Cataluña salienta os bos datos do catalán nas novas tecnoloxías, como demostra o feito de que alcanzase unha porcentaxe de uso que rolda o 73 % nas redes sociais e nas aplicacións de mensaxería e o  81 % en internet.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder