España

Convócanse axudas para elaborar produtos que fomenten a presenza do éuscaro nas TIC

Esta convocatoria de subvencións, cuxa dotación orzamentaria alcanza os 200 000,00 euros, está destinada á elaboración de produtos que fomenten a presenza do éuscaro nas tecnoloxías da información e a comunicación no ano 2019.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Máis do 90% dos novos axentes que se incorporan á Ertzaintza é bilingüe

Segundo datos proporcionados polo Goberno vasco, dos 940 axentes que participaron desde 2007 nos cursos de éuscaro para os niveis B2 e C1, menos da metade logrou o perfil lingüístico perseguido. No que respecta ás novas promocións, máis do 90 % dos ertzainas que se incorporan a este corpo é bilingüe castelán-éuscaro.

Fonte: El Diario

País Vasco

O Goberno central retira o seu recurso contra o decreto do catalán na Sanidade das Illas Baleares

O Goberno español retirou o recurso contencioso-administrativo interposto contra o decreto do Executivo balear que regula a capacitación lingüística do persoal do Servizo de Saúde do arquipélago.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno de Navarra amosa a súa satisfacción polo éxito obtido polos programas de impulso do éuscaro nos centros educativos

Os tres programas de impulso do uso do éuscaro entre o alumnado dos modelos educativos A e D, postos en marcha polo Goberno de Navarra, obtiveron unha moi boa acollida, como demostran os datos de participación nas tres iniciativas.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

A UE admite a queixa presentada polo Instituto de Estudos Araneses pola falta de protección da lingua vernácula do Val de Arán

O Instituto de Estudos Araneses informou de que a Unión Europea aceptou a queixa presentada pola institución ante os supostos incumprimentos do Estado español na protección do aranés, lingua oficial en Cataluña.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Concello de Pamplona aproba a súa ordenanza municipal de promoción do éuscaro

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pamplona aprobou a súa ordenanza municipal que rexerá a utilización e promoción do éuscaro na capital navarra.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Estrean en Cataluña un novo filme de animación dobrado ao catalán

O filme de animación Spider-Man. Un nou univers estreouse nas salas de cinema de Cataluña dobrado ao catalán grazas ao apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha campaña fomenta o valenciano na localidade de Santa Pola

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santa Pola iniciou unha campaña para promover o valenciano nas compras de Nadal.

Fonte: Ajuntament de Santa Pola

Comunidade Valenciana

Nace unha aplicación que denuncia os rótulos oficiais que non estean escritos en valenciano

A Asociación Cívica Valenciana Tirant lo Blanc lanza unha aplicación móbil para que calquera usuario poida denunciar aqueles rótulos e sinais dos espazos de uso común que non cumpran coa normativa en valenciano ou teñan erros.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Unha asociación de escolas de inmersión de Navarra lanza unha campaña de fomento do ensino nesta lingua

A asociación de centros públicos do modelo de ensino D de Navarra, que reúne máis de 70 escolas de inmersión en éuscaro, presentou unha campaña para fomentar que as familias matriculen os seus fillos e fillas neste tipo de centros.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder