España
Denuncian a falta de profesorado de Lingua Asturiana
As carencias de profesorado da materia de Lingua Asturiana nalgúns centros educativos do Principado son motivo de preocupación para o Sindicato de Ensino de CCOO que denuncia o empeoramento da situación con respecto ao curso pasado.
Fonte: 20minutos
Segundo unha enquisa, o 80 % da mocidade das Baleares sabe falar catalán, aínda que só a metade usa esta lingua habitualmente

Segundo a Enquisa de usos lingüísticos EULIB2014, oito de cada dez mozos/as do arquipélago saben falar e escribir en catalán, malia que a porcentaxe dos que o falan asiduamente descende ata o 50 % e dos que o identifican como a súa lingua de uso habitual diminúe ata un 34,5 %.
Fonte: Diario de Mallorca
A Generalitat de Cataluña abre o prazo de inscrición para obter os certificados oficiais de lingua catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística abriu, ata o 13 de febreiro, o prazo de inscrición nas probas para obter os certificados oficiais de catalán de cinco niveis: básico, elemental, intermedio, suficiencia e superior.
Fonte: Generalitat de Catauña
O Concello de Pamplona debaterá en pleno a ordenanza de uso e fomento do éuscaro

O pleno do Concello de Pamplona debaterá no mes de febreiro a Ordenanza reguladora da utilización e fomento do éuscaro no Consistorio e o seu sector público institucional, na cal se definen como linguas propias da cidade o castelán e o éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A asociación Sortzen organiza unha campaña en Navarra para promover o modelo D co éuscaro como lingua vehicular

A asociación Sortzen puxo en marcha en Navarra unha campaña de apoio á prematriculación no modelo D de inmersión lingüística en éuscaro, que consiste na organización de obradoiros e a difusión dunha revista con experiencias positivas do devandito modelo.
Fonte: Noticias de Navarra
Seis novos autos obrigan a cambiar o modelo lingüístico de tres centros educativos de Cataluña
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña obrígalle á Generalitat a cambiar o modelo lingüístico nalgúns cursos de tres centros educativos, onde se impartirá un mínimo do 25 % de clases en castelán aos fillos das familias demandantes.
Fonte: La Vanguardia
Os axentes da Garda Civil destinados a Cataluña poderían recibir clases de catalán
Desde a Delegación do Goberno en Cataluña proponse que os axentes da Garda Civil destinados a Cataluña reciban clases de catalán, co obxectivo de mellorar o coñecemento desta lingua e a relación deste corpo de seguridade coa cidadanía.
Fonte: El Periódico
O Voluntariado pola Lingua creou máis de 130 000 parellas lingüísticas en catalán dende o ano 2003

A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura é a impulsora do Voluntariado pola Lingua que dende o ano da súa creación, en 2003, formou máis de 130 000 parellas lingüísticas, e que só en 2018 superou as 10 600.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Organización das Nacións Unidas realizará un informe sobre a situación da lingua asturiana
O relator especial das Nacións Unidas sobre as minorías mantivo unha reunión co presidente da organización Iniciativa pol Asturianu para coñecer a situación da lingua asturiana e dos dereitos lingüísticos dos seus falantes, para logo emitir un informe ao respecto.
Fonte: La Nueva España
Publícase un volume que analiza os usos lingüísticos na Franxa de Aragón

A Universidade de Zaragoza, en colaboración coa Generalitat de Cataluña e o Goberno de Aragón, publica un volume que analiza a Enquisa dos usos lingüísticos na Franxa 2014. Esta obra ten como finalidade ofrecer información sobre a realidade sociolingüística dos municipios aragoneses onde se fala catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Boletín
Subscríbase ao boletín