España
Solicítanlle ao Goberno español a posta en marcha de medidas para impulsar o leonés
O senador de Compromís Carles Mulet reclámalle ao Goberno máis recursos para promover a lingua leonesa e unha maior implicación no seu desenvolvemento e difusión, como así se recolle na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, ratificada polo Estado español.
Fonte: Ileón
O Concello de Bilbao impulsa a creatividade en éuscaro entre a xuventude

O Concello de Bilbao e Euskaltzaleen Topagunea organizan a XIV edición de Harrapazank, un programa que promove a cultura, a creatividade e o éuscaro entre a mocidade de 12 a 18 anos a través de obradoiros con diferentes actividades.
Fonte: Deia
O Consello Social da Lingua Catalá daralle prioridade ao impulso do coñecemento do catalán

O Palau da Generalitat acolleu a reunión do pleno do Consello Social da Lingua Catalá na que se abordaron temas como a importancia do acceso a contidos audiovisuais en catalán na infancia así como prioridades de actuación, como o ensino desta lingua entre a poboación adulta inmigrante.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Convócanse os Premios ao uso do valenciano nas fallas
O Concello de Torrent convoca un ano máis os Premios ao uso do valenciano nas fallas co obxectivo de impulsar a presenza desta lingua no ámbito festivo. Estes galardóns contan con dúas categorías: para as lendas dos monumentos falleros e para o llibret.
Fonte: Levante-EMV
Convócase o concurso #lamiollinguaye para aumentar a presenza asturiano nas redes sociais

Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, Iniciativa pol Asturianu organiza o concurso #lamiollinguaye co que pretende darlle maior presenza ao asturiano nas redes sociais.
Fonte: Asturnews
A Comunidade Valenciana e o Principado de Andorra asinan un acordo para promover o catalán

Os Gobernos valenciano e andorrano asinaron un acordo bilateral para a promoción do uso da lingua catalá que, entre outros aspectos, recolle o recoñecemento dos respectivos diplomas e certificados lingüísticos do catalán ou o fomento da cooperación e a coordinación con outras institucións para difundir e promover esta lingua.
Fonte: ABC
Solicítanlle ao Parlamento navarro que recoñeza a lingua de signos como oficial

Representantes da Asociación de Persoas Xordas de Nafarroa (ASORNA) solicitáronlle ao Parlamento navarro o recoñecemento da lingua de signos como oficial e o mesmo status que o resto das linguas.
Fonte: Naiz
Segundo un estudo, só tres de cada dez zaragozanos fala aragonés ou catalán

Segundo un estudo da Oficina da Lingua Aragonesa, soamente un 2,9% dos zaragozanos fala algunha das linguas propias de Aragón, isto é, catalán ou aragonés, mentres que as entenden un 5,5%. O seu uso adoita reducirse ao ámbito privado e a maioría dos seus falantes sitúase entre os 26 e os 45 anos.
Fonte: El Periódico de Aragón
A canle PlayPresta e a produtora Cuatro Gotes convocan o primeiro concurso de youtubers en asturiano
O concurso '¡Yes youtuber!' está destinado a xente de todas as idades e está aberto a todas as propostas posibles, dende opinión a entretemento, videotitoriais, telerrealidade, ficción etc.
Fonte: Asturies.com
O Goberno de Navarra aproba o primeiro dos plans de éuscaro para os seus departamentos
O Goberno de Navarra aprobou o Plan lingüístico do Departamento de Relacións Cidadás e Institucionais, que terá unha vixencia de tres anos, e nas vindeiras semanas aprobará os plans lingüísticos noutros departamentos.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín