España

Ponse en marcha unha campaña para que os traballadores de hostalería da Zona Vella de Donostia aprendan éuscaro

O Concello de Donostia e a Asociación de Hostalería de Guipúscoa poñen en marcha a campaña Erraza da que ten como obxectivo que o persoal deste sector que traballa na Zona Vella da cidade aprenda éuscaro para poder atender a clientela nesta lingua.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

Ondarroa e Lekeitio súmanse á campaña para fomentar a lectura en éuscaro impulsada por Topagunea

As bibliotecas públicas de Ondarroa e Lekeitio sumáronse á campaña 'Irakurri gozatu eta oparitu', que chega á súa décimo terceira edición e que ten como obxectivo fomentar a literatura en éuscaro.

Fonte: El Correo

País Vasco

Ábrese en Mallorca un período para solicitar axudas de libros e fonogramas en catalán

O Goberno da illa de Mallorca abriu o prazo para solicitar subvencións de libros e fonogramas en catalán. Estas axudas teñen como obxectivo diversificar as formas de acceso á lectura e á música nesta lingua e que así teña maior presenza en plataformas dixitais.  

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

A plataforma Twitch xa permite etiquetar os vídeos en catalán

Grazas á proposta impulsada por un activista defensor do catalán no ámbito dos videoxogos e os audiovisuais en liña, Twitch, a principal plataforma de transmisión en streaming, xa permite etiquetar os vídeos nesta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno balear aproba o decreto de avaliación e certificación de coñecementos do catalán

O novo Decreto de avaliación e certificación de coñecementos de lingua catalá ten como obxectivo adaptar a normativa vixente á estrutura actual da Administración balear e actualizar os contidos de cada nivel.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

Guipúscoa acolle máis dun cento de linguas e habitantes procedentes de 165 países

Segundo un estudo, en Guipúscoa fálanse máis de cen linguas e habitan persoas dun total de 165 países. Ademais, resalta a importancia de recoñecer estes idiomas para que esta poboación de orixe estranxeira, que supón un 9,5 %, valore o éuscaro.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Goberno de Navarra aproba unha orde foral que regula a elaboración dos proxectos lingüísticos dos centros educativos

A orden foral que regula o Proxecto Lingüístico de Centro establece que cada centro elabore ou actualice o seu proxecto para que este se converta nun documento básico para o fomento do multilingüismo e a mellora da calidade do sistema de ensino.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Entréganse os premios pola promoción do uso do valenciano nas Fallas

A Comunidade Valenciana entrega os Premios para a promoción do uso do valenciano nos Llibrets de Fallas. Con estes galardóns preténdese recoñecer o traballo a prol do uso desta lingua nas Fallas e impulsar o seu emprego público.

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

Euskaltzaindia pon en marcha unha exposición interactiva sobre o éuscaro

“Euskara ibiltaria”, a exposición organizada por Euskaltzaindia con motivo do seu centenario, permanecerá ata o 16 de xuño no Museo Vasco e nela móstrase o Atlas das Variedades Locais do Éuscaro, unha ferramenta fundamental para o coñecemento desta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

Preséntase o II Plan de normalización do uso do éuscaro na Ertzaintza

O II Plan de normalización do uso do éuscaro na Ertzaintza para o período 2018-2022 presentouse nun acto formal ante todas as unidades policiais. Con este plan, a policía vasca súmase aos principais obxectivos de emprego desta lingua asumidos por todos os departamentos do Goberno vasco.  

Fonte: Noticias Press

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder