España
O centro de terminoloxía catalá Termcat incorpora máis de 9000 neoloxismos polo seu vixésimo aniversario

Co gallo da celebración do seu vixésimo aniversario, o Termcat incorporou á súa listaxe de termos normalizados 9144 neoloxismos en catalán, acompañados dunha definición terminolóxica e das súas equivalencias noutras linguas.
Fonte: La Vanguardia
O Concello de Sestao convoca axudas para a rotulación en éuscaro e para a aprendizaxe desta lingua
As axudas municipais convocadas polo Concello de Sestao están destinadas á realización de cursos intensivos de éuscaro, á estancia en barnetegis e á rotulación nesta lingua dos establecementos comerciais e hostaleiros.
Fonte: 20 minutos
A sinatura dun novo convenio servirá para fomentar o aragonés na comarca do Alto Gállego
A Asociación Calibo e a comarca do Alto Gállego renovaron o seu convenio de colaboración para promover o coñecemento do aragonés, un acordo en virtude do cal a devandita asociación recibirá 1500 euros para continuar co seu programa para o ensino desta lingua entre persoas adultas.
Fonte: Heraldo
A Generalitat de Cataluña impulsa o cine en catalán con dúas liñas de axudas

A través de dúas liñas de subvencións o Departamento de Cultura impulsa a presenza do catalán na dobraxe e a subtitulación de produtos audiovisuais. En concreto, no ano 2018 grazas a este apoio dobráronse 110 longametraxes e subtituláronse outras 469, así como 380 capítulos de 43 tempadas de series.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Increméntanse no País Vasco as axudas anuais destinadas a medios de comunicación en éuscaro

O Goberno vasco e as tres deputacións forais presentaron un novo acordo polo que aumentarán en 3,1 millóns de euros as axudas anuais destinadas a medios de comunicación en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno de Aragón pon en marcha unha web para aprender aragonés

A web lenguasdearagon.org, impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística no marco do programa "Viene-Ven", pon a disposición das persoas interesadas recursos didácticos para aprender aragonés de xeito libre e gratuíto.
Fonte: Aragón Digital
Bilbao acollerá en marzo actividades para euscaldúns que queiran practicar éuscaro
O Concello de Bilbao e a Rede de Euskaltegis da cidade poñen en marcha "Darabilbo", unha iniciativa que acolle a realización de diversas actividades e obradoiros para practicar éuscaro entre persoas adultas.
Fonte: 20 minutos
O Boletín Oficial de Navarra publica a convocatoria de axudas para o fomento do uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo

Euskarabidea convoca axudas destinadas a empresas do sector privado para impulsar plans de uso e presenza do éuscaro nos centros de traballo. Esta convocatoria, dotada cun orzamento de 80.000 euros, ten como obxectivo aumentar o emprego e a visibilización desta lingua nos lugares de traballo.
Fonte: 20 minutos
A Deputación de Guipúscoa convoca subvencións para entidades que traballen a prol do uso social do éuscaro
A Deputación de Guipúscoa aprobou unha convocatoria de axudas, cunha dotación de 1 172 715 euros, para entidades e particulares que traballan a prol do uso social do éuscaro.
Fonte: Donostitik
A Deputación de Valencia organiza unhas xornadas para compartir experiencias de promoción lingüística

Valencia acolleu unhas xornadas nas que se deu cita persoal técnico dedicado á dinamización lingüística das diferentes linguas oficiais do Estado para poñer en común e intercambiar proxectos e boas prácticas no fomento das linguas.
Fonte: El Periodic
Boletín
Subscríbase ao boletín