España
Un estudo analiza as particularidades lingüísticas na fronteira entre España e Portugal

A Universidade de Alcalá de Henares (UAH) levou a cabo un proxecto de documentación lingüística denominado 'Fronteira hispano-portuguesa: documentación lingüística e bibliográfica (Frontespo)' co obxectivo de estudar as particularidades lingüísticas da franxa fronteiriza entre ambos os países a través da análise dun total de 64 puntos dun e outro lado.
Fonte: Galicia Confidencial
Nace un Trivial que busca impulsar o uso do éuscaro entre a xuventude
O Trivial en éuscaro ten como obxectivo impulsar o emprego desta lingua entre a xente nova de entre 12 e 17 anos. Trátase dun xogo interactivo de preguntas e respostas, sobre varios municipios vascos e tamén sobre o resto do mundo.
Fonte: Deia
O Concello de Éibar organiza un concurso de nanorrelatos en éuscaro
As bases deste concurso de nanorrelatos en éuscaro establecen que se debe enviar antes do 24 de febreiro unha historia, utilizando 200 caracteres, sobre un tema divertido e unha aventura inesperada.
Fonte: El Diario Vasco
Segundo o informe Ekonometro, o 53,5 % dos economistas móstrase favorable a que as institucións promovan o éuscaro nas empresas

Os datos do último informe Ekonometro conclúen que máis da metade dos economistas está de acordo con que as Administracións promovan o uso do éuscaro no ámbito empresarial, aínda que o 46 % é contrario a que esta lingua se converta nun requisito. Estes profesionais si avogan pola inclusión do fomento do éuscaro como unha iniciativa de responsabilidade social empresarial, unha idea que apoia o 44 %.
Fonte: El Correo
A Universidade de Alacant acollerá unha nova edición do ciclo de cine en valenciano
Cinema en Valencià celebra unha nova edición nas instalacións da Universidade de Alacant cun programa que inclúe sete proxeccións familiares de cine en valenciano. A entrada é gratuíta e as prazas limitadas.
Fonte: Información
O Concello de Xàbia crea unha revista dixital para fomentar o uso do valenciano

O Concello de Xàbia creou Valora’t, unha revista dixital en valenciano de carácter mensual coa que se pretende impulsar o uso do valenciano e dar a coñecer o vocabulario de diferentes áreas temáticas.
Fonte: Xàbia al día
Entréganse os premios do concurso "I tu, jugues en català?"

O concurso “I tu, jugues en català?”, organizado polo Consorcio para a Normalización Lingüística e que ten como obxectivo dinamizar o catalán no ámbito dos xogos e os xoguetes, entregou os premios da súa terceira edición.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A iniciativa para o impulso do éuscaro Euskaraldia terá unha nova edición no outono de 2020

Tras o éxito conseguido na edición anterior, na que participaron arredor de 220 000 persoas, Euskaraldia, a iniciativa para o fomento do uso cotián do éuscaro, volverá celebrarse en outono de 2020, para, a partir de entón, ter un carácter bianual.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Preséntase a 21ª edición da Korrika, a carreira a prol do éuscaro
AEK organiza unha nova edición da Korrika, a número 21, baixo o lema ‘Klika’. Trátase dunha carreira en favor do éuscaro, que percorre Navarra, o País Vasco e Iparralde, e que ten como finalidade concienciar sobre a protección desta lingua e conseguir fondos para os centros de aprendizaxe da entidade organizadora.
Fonte: Noticias de Navarra
A Comisión Especial para a elaboración dunha nova lei do éuscaro aposta por modificar o status legal desta lingua en Navarra
A Comisión Especial para a elaboración dunha nova Lei foral do éuscaro aprobou un informe de conclusións no que se insta a revisar o status legal desta lingua en Navarra. En concreto, os grupos parlamentarios estudarán se acabar coa zonificación lingüística e estender a oficialidade do éuscaro a todo o territorio navarro.
Fonte: EITB
Boletín
Subscríbase ao boletín