España

O Concello de Azkoitia concederalles axudas ás empresas para o desenvolvemento de plans de éuscaro

O Concello de Azkoitia concederá como máximo a cada empresa 2000 euros anuais, que se complementarán coa subvención que reciban do Goberno vasco, para desenvolver plans de éuscaro. Entre os requisitos para solicitar a axuda figuran dispoñer de domicilio social e fiscal en Azkoitia e que o plan estea deseñando ou que se estea a desenvolver no exercicio en que se concede esta.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de Bilbao pon en marcha un plan para fomentar o emprego do éuscaro entre o funcionariado

A Xunta de Goberno local de Bilbao aprobou un novo plan de normalización do éuscaro, cuxa vixencia se estenderá ata 2022, co obxectivo de fomentar o uso desta lingua entre o persoal do Consistorio e que se centrará en dous eixes de actuación: o servizo á cidadanía e o traballo interno do funcionariado.

Fonte: El Correo

País Vasco

Ponse en marcha unha campaña para fomentar a lectura de revistas en catalán

A Asociación de Publicacións Periódicas en Catalán (APPEC) lanzou a campaña “Sigues lliure, llegeix” co obxectivo de impulsar a lectura de revistas nesta lingua, así como combater a manipulación informativa e as noticias faltas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Goberno de Aragón crea un dicionario en liña castelán-aragonés

Turismo de Aragón, coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística, impulsou, no marco do proxecto Linguatec, Aragonario, un dicionario en liña castelán-aragonés. Trátase dunha ferramenta sinxela que, ademais de traducir palabras dunha lingua a outra, ofrece información gramatical complementaria, así como enlaces de interese sobre as linguas desta comunidade.

Fonte: AraInfo

Aragón

O Goberno de Navarra convoca axudas para a promoción do éuscaro nas TIC

O Goberno de Navarra destinará 40 000 euros a axudas para a promoción, difusión e normalización do éuscaro no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación. Con esta convocatoria preténdese incentivar a creación ou a adaptación a esta lingua de sitios web, aplicacións e programas informáticos.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O portal de Turismo do País Vasco ofrece información para Semana Santa en cinco linguas

O portal oficial de Turismo de Euskadi conta cunha nova sección con propostas para Semana Santa que se poderá consultar en cinco idiomas: éuscaro, castelán, inglés, francés e alemán.  

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

O Instituto Valenciano de Arte Moderna publica os seus catálogos en valenciano

O Instituto Valenciano de Arte Moderna (IVAM) e a Academia Valenciana da Lingua (AVL) colaborarán para publicar en valenciano os catálogos de arte do IVAM, coincidindo co Día do Libro.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Os gobernos vasco e navarro e a Oficina da Lingua Vasca colaborarán en materia de política lingüística

O Goberno vasco, o Goberno de Navarra e a Oficina Pública da Lingua Vasca continuarán a colaborar en materia de política lingüística. As liñas previstas para 2019 centraranse no ensino de éuscaro a adultos, a certificación de competencias lingüísticas, e a promoción do seu emprego e a investigación sobre esta.

Fonte: El Diario

Xeral

O aranés incrementará a súa presenza nos medios públicos audiovisuais

A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais comprometeuse a incrementar a presenza do aranés e os contidos relacionados co Val de Aran nos medios públicos, a través do reforzo da información, da dobraxe de programación infantil ou de espazos web específicos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Principado de Asturias convoca un concurso de microrrelatos en asturiano

O concurso de microrrelatos improvisados en asturiano “Entaína a escribir”, que se enmarca na celebración da Semana das Letras Asturianas, está destinado a persoas de 14 a 35 anos, que deberán redactar nun tempo máximo de 20 minutos un microrrelato nesta lingua.

Fonte: La vanguardia

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder