España

Nace a app Fortifeble, un xogo para aprender gramática catalá a través do móbil

Fortifeble, Batalla Gramatical, é un xogo ao estilo battle royal destinado ao alumnado de secundaria para aprender gramática catalá. A aplicación xa está dispoñible para a súa descarga en iPhone e Android.       

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Persoas estranxeiras que viven en Cataluña aprenden catalán para aumentar as súas posibilidades de emprego

Un total de 556 persoas participaron en 2018 nos cursos de nivel inicial de catalán y nos de coñecemento da sociedade e o seu marco xurídico organizados polo Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) e dirixidos a persoas estranxeiras inmigradas e a persoas reagrupadas.

Fonte: RR. HH. Press

Cataluña

Ábrese o prazo de inscrición na cuarta edición do Kastanya.cat, un proxecto musical de promoción do catalán e o occitano

O proxecto Kastanya.cat chega á súa cuarta edición e abre o prazo de inscrición ata o 31 de maio para que participen as formacións musicais que así o desexen, coa única condición de que os temas que interpreten estean en catalán ou occitano, xa que o obxectivo principal desta iniciativa é promover o uso destas dúas linguas a través da música.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Demandan máis protección para a lingua galega nas entidades locais do Bierzo

O colectivo Fala Ceibe reclama o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e o Estatuto de Autonomía de Castela e León, que recolle o respecto e a protección para o galego nos lugares onde se utiliza. Demandan, entre outras medidas, que esta lingua se oferte en todos os centros educativos do Bierzo Occidental, así como a súa oficialidade na comarca.

Fonte: Diario de León

Castela e León

Palma de Mallorca acolle a celebración da Diada per la Llengua

Arredor de 2000 persoas participaron en Palma nun acto organizado pola Obra Cultural Balear baixo o lema 'Som aquí per la llengua, la cultura i els drets cívils'.

Fonte: Cadena Ser

Illas Baleares

Aragón TV estrea o programa Charrín Charrán, o primeiro en lingua aragonesa co que conta esta canle

Aragón TV estrea Charrín Charrán, o seu primeiro programa en aragonés, que ofrecerá reportaxes e entrevistas sobre diferentes temas sociais e culturais da comunidade. Ademais, o programa disporá da opción de podelo seguir en castelán, a través dos subtítulos para persoas xordas.

Fonte: AraInfo

Aragón

A Academia da Lingua Asturiana amósase optimista ante o incremento do apoio á oficialidade do asturiano

A Academia da Lingua Asturiana continúa a demandar a oficialidade do asturiano e amósase esperanzada polo incremento do apoio a esta causa. Por exemplo, consideran un dato moi positivo que, segundo as estatísticas, o 70 % da mocidade é favorable a esta demanda.

Fonte: La Nueva España

Asturias

A Universidade das Illas Baleares celebra a III Olimpíada de Lingua e Literatura Catalás

A Universidade das Illas Baleares celebra a III Olimpíada de Lingua e Literatura Catalás na que participarán 140 estudantes de 2º de Bacharelato. A proba nesta edición consistirá nun ditado en catalán, seguido de dúas preguntas de sociolingüística e literatura.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

O Goberno vasco aproba unha convocatoria de axudas para cursos de éuscaro destinados ao profesorado

O Goberno vasco destina 1,2 millóns de euros á convocatoria de axudas para que o profesorado dos centros privados e de iniciativa social asista en horario lectivo a cursos destinados á mellora da súa capacitación lingüística en éuscaro.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Alumnado do Consorcio para a Normalización Lingüística fai prácticas de catalán en bares e comercios

O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) organiza un programa de prácticas lingüísticas coa colaboración de 4000 establecementos comerciais e de restauración de toda Cataluña. Neste proxecto participaron en 2018 un total de 6421 persoas do Voluntariado pola lingua que, grazas a esta iniciativa, poden practicar o aprendido nos cursos de catalán.   

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder