España

Nace en Guipúscoa o laboratorio de creación de contidos audiovisuais en éuscaro "2deo"

No marco da estratexia 'Etorkizuna eraikiz' (Construíndo futuro), este proxecto está configurado como un laboratorio de investigación e desenvolvemento do sector. O seu obxectivo principal será dinamizar a creación de contidos audiovisuais en éuscaro para asegurar o futuro e o recoñecemento do idioma.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno de Navarra resolve a concesión de axudas a medios de comunicación para a promoción do uso do éuscaro

En total, repartíronse 680 000 euros, o que supón un incremento do 134% con respecto ao ano pasado. Nesta ocasión, dividíronse entre 24 empresas, responsables de xornais, revistas, emisoras de radio ou medios en liña. 

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Concello de Guetxo ofrece axudas económicas a mozos e mozas que realicen o exame teórico de conducir en éuscaro

Estas axudas, valoradas en 100 euros, van dirixidas a todas as persoas de entre 17 e 23 anos que opten por realizar o exame teórico de conducir en éuscaro. Trátase dunha medida que busca impulsar o idioma e que se enmarca dentro da iniciativa «Gidabaimena euskeraz», que conta coa colaboración de diversos concellos de Biscaia.

Fonte: ABC

País Vasco

O Concello de Lezo abre o prazo para acceder ás subvencións anuais para aprender éuscaro

O obxectivo principal destas axudas é impulsar o uso e a mellora do éuscaro no municipio. Por iso, ofértanse subvencións para varios tipos de cursos, entre os que se poden atopar cursos de verán, cursos para aprender éuscaro no Euskaltegi ou, mesmo, para obter o título de monitor ou director de tempo libre.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Crean unha aplicación en Estremadura para que as persoas xordas poidan comunicarse en lingua de signos co número de emerxencias

A Federación Estremeña de Asociacións de Persoas Xordas (Fexas) creou unha aplicación gratuíta a través da cal o colectivo de persoas xordas pode contactar co número de emerxencias sen barreiras de comunicación grazas ao emprego dun servizo de videointerpretación. Para asegurar o seu funcionamento, Fexas asinou un convenio coa Consellería de Medio Ambiente e Rural, Políticas Agrarias e Territorio da Junta de Estremadura que garantirá a presenza da lingua de signos española no teléfono de emerxencias desta comunidade.

Fonte: Hoy

Estremadura

O Instituto de Estudos Cataláns presenta o seu Diccionari descriptiu de la llengua catalana logo de 30 anos de traballo

Trátase dunha obra da lexicografía que recolle usos e describe significados das palabras do catalán que levan aparecendo en obras literarias, científicas e periodísticas dos séculos XIX e XX. É posible consultalo en liña de forma gratuíta, xa que unha versión impresa do documento constaría de oito volumes.

Fonte: La Vanguardia

 

Cataluña

A Consellería de Educación de Asturias convoca axudas para apoiar a normalización do asturiano e o galego-asturiano no ámbito local

A Consellería de Educación e Cultura do Principado convocou unha liña de subvencións dotada con 50 000 euros para o fomento do asturiano e do galego-asturiano, coa finalidade de promover o desenvolvemento de actividades encamiñadas á normalización do seu uso social.

Fonte: 20 minutos

Asturias

Hondarribia aproba en Pleno o Plan de normalización do éuscaro ata 2022

O Concello de Hondarribia aprobou por unanimidade nunha sesión extraordinaria do Pleno o Plan de normalización do éuscaro 2018-2022.

Fonte: Gipuzkoa Gaur

País Vasco

Reclaman a plena competencia en valenciano como requisito para traballar no sector público

Escola Valenciana reclama que se esixa o coñecemento da lingua valenciana na función pública e que esta deixe de ser un mérito. Ademais, defenden a incorporación da plena competencia en valenciano, con carácter previo ás oposicións, a todos os traballadores e traballadoras do sector público, o que é imprescindible para mellorar a calidade na prestación de servizos públicos.

Fonte: Valencia Plaza

Comunidade Valenciana

Crean unha nova ferramenta para a verificación ortográfica de textos médicos en catalán

O Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya foi o creador desta nova ferramenta, que se nutre de a terminoloxía cedida desde o TERMCAT. Concretamente, emprega a información recollida no Diccionari enciclopèdic de medicina, así como doutras fontes relacionadas co ámbito da saúde.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder