España

 A Universidade Autónoma de Barcelona abre o período de matriculación para o Posgrao en Corrección e Asesoramento Lingüístico

Este novo posgrao, do que tamén existe un curso de especialización, está pensado para persoas licenciadas en disciplinas da rama lingüística con coñecementos superiores en lingua catalá. Habilita as persoas que o cursan no exercicio da corrección editorial e o asesoramento lingüístico a calquera empresa. 

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello vasco de Eibar abre o prazo para solicitar axudas para a rotulación dos negocios en éuscaro

O obxectivo destas subvencións é mellorar a presenza do éuscaro entre os negocios da cidade. Por iso, outorgaranse axudas para cambiar de idioma os rótulos principais dos negocios, para as inscricións do interior dos locais e para mellorar as imaxes corporativas, entre outras accións. 

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A incorporación de 800 novos artigos sitúa o éuscaro entre as linguas con maior presenza na Wikipedia

Os artigos neste idioma ocupan xa o posto número 29 entre as 302 linguas nas que existen artigos publicados en wikipedia. Este proxecto, acordado entre o Goberno Vasco e Euskal Wikilarien Kultura Elkartea e que conta coa participación de máis de 2500 estudantes, anima a alumnos e alumnas a xerar novos artigos divulgativos en éuscaro a través desta rede.

Fonte: Deia

País Vasco

Critican os perfís lingüísticos esixidos para determinadas prazas da Policía Foral de Navarra

Os sindicatos CSIF e APF critican a decisión de esixir o coñecemento de éuscaro nalgunhas prazas na Administración e na Policía Foral.  

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Unha asociación navarra reclama un incremento das escolas infantís en éuscaro en Pamplona

O grupo Administrazioan Euskaraz Talde (AET)  sinala que a oferta do Concello de Pamplona e do Goberno de Navarra non cobre a demanda do modelo de éuscaro nas escolas infantís da cidade.

Fonte: Navarra.com

Navarra

Máis do 90 % do profesorado da Universidade de Valencia conta cunha acreditación C1 ou C2 en lingua valenciana

Desde que en 2012 a Universidade de Valencia aprobou o seu plan de incremento da docencia en valenciano, o número de docentes con esta acreditación creceu ata superar o 90 % actual. Isto supón unha subida de máis de 15 puntos porcentuais dende 2015. 

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

Reclámanlle ao novo Goberno valenciano un impulso á igualdade lingüística

Intersindical Valenciana reclama medidas como a competencia lingüística para a función pública ou a creación dun espazo comunicativo compartido entre os territorios de fala catalá. 

Fonte: València Extra

Comunidade Valenciana

A Comunidade de Madrid presenta un Atlas lingüístico diacrónico e interactivo

Este traballo, realizado entre varias universidades madrileñas e o Consello Superior de Investigacións Científicas, presenta os resultados máis relevantes do exame realizado aos fondos documentais de entre os séculos XIII e XIX, recollidos en diferentes arquivos históricos madrileños. Trátase do primeiro atlas da lingua que recolle a historia da fala dunha rexión de xeito dinámico, a través de mapas lingüísticos, e permite reconstruír algúns aspectos históricos da vida cotiá na comunidade.

Fonte: Fundéu BBVA

Madrid

O Concello vasco de Zumaia subvencionará os cursos de aprendizaxe de éuscaro

Esta axuda está dirixida a todas as persoas empadroadas no municipio que realizasen cursos de aprendizaxe e alfabetización para persoas adultas e asistisen polo menos ao 80% das clases. Deste xeito, as bolsas estarán dispoñibles tanto para quen realizase cursos ordinarios coma intensivos, internados ou de autoaprendizaxe. 

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno de Asturias aproba os niveis de competencia do asturiano segundo o marco de referencia europeo

Este decreto regulará, a partir da súa aprobación, o uso e promoción da lingua asturiana e disporá as certificacións que acrediten o coñecemento desta lingua así como as probas de nivel correspondentes dentro do marco europeo. O acceso aos exames estandarizados producirase a partir do vindeiro curso.

Fonte: Asturnews

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder