España

A Biblioteca da Universidade de Xirona completou a dixitalización do manuscrito de 1840 que recolle as primeiras gramáticas catalás

Trátase do único manuscrito coñecido da obra Gramàtica Catalana do xurista Pau Cardellach. O Departamento de Filoloxía e Comunicación da Universidade adquiriuno entre 2004 e 2005 e inclúeo agora no repositorio dixital da biblioteca. O Instituto de Estudos Cataláns prevé tamén publicar unha edición comentada da obra.
 
 Fonte: Catalunya Press

Cataluña

O Nomenclátor Xeográfico do País Vasco recompila un total de 81 248 fichas con información sobre toponimia e cartografía

Estas fichas foron elaboradas coa colaboración de GeoEuskadi e recollen, ademais dos topónimos oficiais e preferentes, abundante información en relación coa súa evolución e uso. Esta información será empregada de xeito oficial no ámbito nacional e internacional. 

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

A Confederación Estatal de Persoas Xordas reclama que as linguas de signos española e catalá se equiparen ao resto de linguas do Estado

Fixérono a través dun comunicado no que avogan pola protección xurídica destas linguas. Reclaman a creación dunha estratexia nacional baseada no seu recoñecemento como transmisoras de ideas e coñecemento e na necesidade de respectar os dereitos lingüísticos das persoas xordas.

Fonte: Servimedia

Xeral

O Programa Ulibarri de normalización lingüística conta xa co seu decreto regulador

O novo decreto incidirá a partir de agora nos espazos lectivos non universitarios, principal novidade da norma, ademais de entrar a valorar a perspectiva de xénero. O seu obxectivo fundamental é regular a articulación entre os proxectos de normalización lingüística do éuscaro nos centros educativos de Euskadi. 

Fonte: Noticias Press

País Vasco

O occitano será por primeira vez un dos idiomas nos que se formulen as probas de selectividade en Cataluña

Aínda que xa era posible realizar os exames de Selectividade en occitano en toda Cataluña, onde é oficial, agora tamén se formularán as probas neste idioma. É posible grazas ao acordo asinado entre o Goberno catalán, o Consello Xeral de Aran e a Universidade de Lleida co obxectivo de fomentar o coñecemento, o uso e a normalización do occitano.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Instituto Municipal de Deportes do Concello de Barakaldo organiza actividades multilingües durante o mes de xullo para os máis pequenos

Nas colonias multideportivas trilingües, nenos e nenas de entre 8 e 14 anos poderán gozar de diferentes actividades deportivas en tres modalidades lingüísticas: bilingüe, éuscaro e inglés. Isto suporá a oportunidade de reforzar o aprendido durante o curso e darlle utilidade fóra das aulas.

Fonte: En Barakaldo

País Vasco

A Universidade de Valencia crea unha Cátedra de Dereitos Lingüísticos co apoio da Consellería de Educación da Comunidade Valenciana

Esta cátedra terá a finalidade de impulsar a creación de actividades de difusión e o recoñecemento dos dereitos lingüísticos e o multilingüismo. Estará apoiada economicamente pola Consellería de Educación na realización e a promoción de labores de investigación e divulgación académica mediante programas de bolsas, que axudarán a consolidar esta universidade como referente no estudo e a docencia en valenciano. 

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña presenta as medidas de protección e fomento do aranés 

Estas medidas presentáronse no marco do congreso anual da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística, durante unha xornada sobre recoñecemento do patrimonio cultural e lingüístico como instrumento de dinamización económica, este ano dedicada ao recoñecemento do occitano.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O colectivo Akebai crea unha canle de Telegram para informar das actividades culturais en éuscaro de Eibar

Trátase dunha plataforma informativa, creada a través da aplicación móbil Telegram, para difundir entre a veciñanza as actividades organizadas en éuscaro. A idea, impulsada por Akebai, está sendo promovida en Eibar coa colaboración de diferentes colectivos. A información será xestionada na súa totalidade polas organizacións que colaboran nesta iniciativa.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Google crea unha aplicación de transcrición instantánea da voz que recoñece o catalán

Esta aplicación, dirixida especialmente a persoas xordas ou con deficiencias auditivas, recoñece voz e sons en tempo real e de xeito automático e transcríbeos a texto. En total recoñece setenta linguas, entre as que se atopa o catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

    Cataluña

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder