España

Danse a coñecer os premios aos mellores proxectos de fin de carreira en éuscaro

Xa foron publicados os premios aos mellores proxectos de fin de carreira en éuscaro. Neste caso, foron uns estudantes da Escola Politécnica Superior da Unversidade de Mondragón os galardoados. 

Fonte: Diaro Vasco

País Vasco

Convócase o V Concurso de Haikus en aragonés

Co obxectivo de fomentar o uso do aragonés e a creación literaria nesta lingua nas redes sociais Facebook e Twitter, convócase a quinta edición do certame de escritura de haikus no que se poderá participar ata o 15 de xuño.

Fonte: AraInfo

Aragón

A maior parte dos partidos políticos de Baleares comprométese a adoptar as propostas en materia lingüística da Plataforma per la Llengua

Segundo a Plataforma per la Llengua, a maioría dos partidos políticos do arquipélago balear comprometeuse a adoptar total ou parcialmente as súas propuestas de cara ás eleccións do 26 de maio.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

Ábrese a convocatoria para subvencionar a aprendizaxe do éuscaro en Bilbao

A Área de Éuscaro e Educación do Concello de Bilbao abriu, de novo, a convocatoria de axudas a pais, nais e monitores de tempo libre que desexen aprender o idioma. Esta subvención, que o ano pasado cubriu a 299 persoas, axudaría a aboar a aprendizaxe da lingua, dotación que se concederá en función dos criterios que se esixen nas bases.

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Celébrase un ano máis o concurso de anuncios en éuscaro Euspot

Este ano volve celebrarse Euspot, un concurso de anuncios en éuscaro. Nesta ocasión, presentáronse 98 traballos, 25 máis que o ano pasado. Para decidir o gañador, está xa aberto o voto popular, co que cada votante poderá elixir o anuncio que máis lle guste de entre os presentados.

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

Preséntase un libro sobre historia da filosofía en lingua de signos catalá

O 23 de maio preséntase un libro de filosofía en lingua de signos catalá nun acto que se celebrará na sede do Departamento de Cultura. Trátase do segundo libro dunha colección sobre historia da filosofía, editado pola Asociación Illescat, co apoio de distintas institucións públicas. 

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Obra Cultural Balear reclama que se poña en marcha a Oficina de Dereitos Lingüísticos

A Obra Cultural Balear (OCB) reclamoulles aos actuais e próximos gobernantes das illas que activen a Oficina de Dereitos Lingüísticos. Trátase dun espazo que xa estaba previsto nos orzamentos de 2018 pero que non chegou a materializarse.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Goberno balear fomenta o uso do catalán en bares e restaurantes

A Consellería de Cultura, Participación e Deportes do Goberno balear puxo en marcha unha acción de fomento do catalán na hostalería. A finalidade será mellorar a  sinalización de bares e restaurantes, para o que se distribuirán 35 000 adhesivos a través das asociacións de bares e restaurantes e da Dirección Xeral de Política Lingüística.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

A Fundación Puntueus fai un chamamento para impulsar o emprego do éuscaro no ámbito dixital

A Fundación Puntueus, responsable do dominio web .eus, fixo un chamamento a reforzar a oferta de contidos dixitais en éuscaro, con motivo da celebración do Día de Internet. Recalcaron que a súa vitalidade dixital mellorou, xa que os contidos publicados a través dos dominios .eus son maioritariamente nesta lingua, aínda que falta presenza noutras áreas, como a audiovisual.

Fonte: eitb

País Vasco

Entidades locais de Navarra crean unha web destinada a persoas que queren aprender éuscaro

Entidades locais de Navarra crearon, a través dos seus servizos de éuscaro, a páxina web 'elaide.eus', dirixida a quen queira coñecer o idioma. Trátase dunha plataforma que ofrece apoio e recursos a quen está a aprender esta lingua, co fin último de pór o éuscaro e a cultura euscalduna ao alcance das persoas interesadas.

Fonte: Diario Vasco

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder