España

O Concello de Pamplona pasa a pleno a ordenanza do éuscaro para a súa aprobación

O Concello de Pamplona pasa a pleno a Ordenanza reguladora da utilización e fomento do éuscaro para a súa aprobación definitiva. A nova ordenanza define o castelán e o éuscaro como linguas propias da cidade e busca garantir os dereitos lingüísticos da poboación local.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

O Goberno balear subvencionará a creación dun grao de dinamización lingüística na Universidade das Illas Baleares

O Goberno balear concederalle unha subvención de 28 500 euros á Universidade das Illas Baleares para financiar o posgrao de Experto Universitario en Dinamización Lingüística. O obxectivo deste título é formar profesionais especialistas no fomento do uso do catalán e na garantía dos dereitos lingüísticos da cidadanía.

Fonte: La Vanguardia

Illas Baleares

O Concello de Pamplona destina 90 000 euros a proxectos de promoción do éuscaro

O Concello de Pamplona aprobou unha convocatoria de subvencións dirixida a entidades sen ánimo de lucro para a realización de proxectos de promoción do éuscaro na cidade. En total destinaranse 90 000 euros, o que significa un aumento do 8,4 % con respecto ao ano anterior.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Apróbase a ordenanza de uso da lingua asturiana no Concello de Noreña

O Concello de Noreña aprobou a súa ordenanza de utilización do asturiano, que fora anulada en xaneiro de 2018 polo Tribunal Superior de Xustiza de Asturias por conter defectos de forma, despois de que se realizasen as correspondentes correccións.

Fonte: InfoAsturies

Asturias

O Tribunal Constitucional avala o modelo lingüístico do sistema educativo catalán

O Tribunal Constitucional anulou varios artigos da Lei de educación de Cataluña porque non se axustan á normativa estatal. Porén, declarou constitucionais os relativos ao réxime de inmersión lingüística.

Fonte: El Nacional

Cataluña

O Tribunal Supremo estuda se os concellos poden esixir o uso exclusivo do éuscaro nas actividades subvencionadas

O Tribunal Supremo estuda unha ordenanza municipal de Lasarte-Oria que esixe o uso exclusivo do éuscaro en actividades para menores de 16 anos se estas recibiron subvencións.  

Fonte: Cadena Ser

País Vasco

A Deputación de Guipúscoa anima a cidadanía a realizar en éuscaro a declaración da renda

A Deputación de Guipúscoa quere animar a cidadanía a que presente a declaración da renda en éuscaro e pasar das 74 000 ás 100 000 liquidacións nesta lingua en 2022. Para acadar este obxectivo publicou un breve dicionario con termos técnicos que sirva de axuda nesta iniciativa.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Optimot inicia en Twitter unha nova edición do seu concurso de lingua catalá

Optimot inicia en Twitter unha nova edición do seu concurso de San Jordi no que lles propón aos seus seguidores que publiquen no seu perfil desta rede social dous versos pareados cun ton satírico ou humorístico que conteñan unha palabra composta en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Instituto de Estudos Araneses edita o primeiro audiolibro en aranés

Era isla des diamants de Jusèp Condò é o título do primeiro audiolibro en aranés, editado co gallo do Día de San Jordi polo Instituto de Estudos Araneses. Trátase dun dos textos clásicos do rexurdimento da literatura occitana de finais do século XIX e principios do XX.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Un total de 161 persoas logran por primeira vez unha titulación oficial en lingua aragonesa

Das case 500 persoas que se presentaron ás probas de lingua aragonesa, correspondentes aos niveis B2, B1 e A2, un total de 161 obtiveron por primeira vez unha titulación oficial.

Fonte: Heraldo

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder