España

O Servizo de Política Lingüística de Menorca distribúe manteis en catalán entre os establecementos de restauración

Os manteis distribuiranse entre os restaurantes das zonas antigas dos diferetes municipios de Menorca. Esta acción ten como obxectivo implicar os diferentes sectores económicos da illa, neste caso a hostalería, no fomento da lingua catalá.

Fonte: ABC

Illas Baleares

A asociación Joves per la Llengua recibe un galardón pola súa contribución á normalización lingüística

Recibirán o premio Santa Anneta, outorgado polo Centro Cultural de Algaida, como recoñecemento á súa capacidade asociativa e á promoción da interculturalidade e a lingua catalá que realizan entre os mozos e mozas.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

A campaña "Non me cambies a lingua" recibe o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña apoiará a campaña "Non me cambies a lingua" coa que se pretende que os falantes de catalán manteñan a lingua catalá en conversas con persoas que non saben se falan catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña estrea novas versións do seu sitio web en aranés, inglés e castelán

Co obxectivo de preservar os dereitos lingüísticos dos cidadáns e cidadás de Cataluña, o Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña incorpora agora a versión do seu sitio web en aranés, inglés e castelán. Esta acción, que supón a tradución de máis de 300 páxinas web, forma parte do proceso de incorporación progresiva do aranés ao ámbito institucional.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Unha traballadora pública do servizo de saúde da Comunidade Valenciana négase a atender un paciente por comunicarse en valenciano

A traballadora do servizo administrativo do centro de saúde de Beniparrell dependente da Consellería de Educación esixiu ao interesado que se comunicase en castelán alegando que non entendía o valenciano.

Fonte: Valencia Extra

Comunidade Valenciana

O número de persoas inscritas nos exames oficiais de lingua catalá aumenta un 12 %

Un total 3 674 persoas presentáronse aos exames de catalán para obter o certificado oficial da Dirección Xeral de Política Lingüística, o que supón o 70,76 % das persoas que se inscribiron nas probas. O número de inscritos incrementouse un 12 % respecto ao ano anterior.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Finaliza EuskarAbentura, a expedición que percorre o País Vasco e Navarra para promover e normalizar o uso do éuscaro

Esta expedición de mozos e mozas de entre 16 e 17 anos percorreu un total de 783 quilómetros no País Vasco e Navarra co fin de promover a cultura e lingua vascas. 

Fonte: EuskarAbentura

País Vasco

Zaragoza acolle unha exposición en homenaxe á lingua aragonesa

A cidade de Zaragoza acolle a exposición "Aragonés Ilustrado" coa que a ilustradora Delia Tello busca homenaxear a lingua aragonesa e os idiomas en xeral como forma de comunicación e sinal de identidade.

Fonte: AraInfo

Aragón

Unha tese doutoral da Universidade de Murcia conclúe que as falas desta rexión están estigmatizadas

O resultado das máis de 600 enquisas realizadas para este traballo axudan a concluír que entre a sociedade murciana existe grande inseguridade lingüística derivada do estigma da lingua.

Fonte: La Verdad

Murcia

O uso do catalán no patio das escolas descende ao 24,3 %

Segundo un estudo sobre o uso social do catalán realizado pola Plataforma pola Lingua, o uso da lingua catalá entre nenos e nenas no patio sofre un claro descenso e oscila entre o 35 % en primaria ao 14,6 % en secundaria.

Fonte: El País

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder