España
Convocan unha nova edición do Concurso de Harmonización de Panxoliñas Populares en valenciano
O Concello de Borriana convocou unha nova edición do Concurso de Harmonización de Panxoliñas Populares en valenciano, cuxo ganador obterá un premio de 600 euros.
Fonte: El Periodic
Instan o Goberno de Aragón a que se cumpra o horario legal de clases de aragonés

A institución do Justicia de Aragón pide que se cumpra a lexislación vixente e que nos centros onde contan coa materia de aragonés se impartan os 90 minutos á semana que establece o currículo autonómico.
Fonte: El Diario
O Concello de Eskoriatza outorgará axudas para cursos de éuscaro
O Concello de Eskoriatza subvencionará cursos de cursos de éuscaro a persoas empadroadas neste municipio. As cantidades das axudas dependerán da solicitude e poderán chegar ata o 100 % da matrícula.
Fonte: Diario Vasco
O Congreso aproba unha proposición non de lei para a incorporación da lingua de signos ao sistema educativo

A Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade do Congreso apoiou por unanimidade unha proposición non de lei pola que se insta o Goberno a incorporar a lingua de signos no sistema educativo.
Fonte: La Mar de Onuba
O Concello de Elgoibar abre o prazo de solicitude de axudas para a rotulación dos negocios en éuscaro
Estas axudas, que xestiona o servizo de política lingüística do Concello de Elgoibar, cubrirán o 50 % do custo que supón ter en éuscaro os rótulos identificativos dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade.
Fonte: Diario Vasco
A Plataforma pola Lingua impulsa en Cataluña un selo de Produto Lingüisticamente Responsable

Outorgaráselles aos produtos que inclúan o catalán na súa etiquetaxe, co obxectivo de darlles visibilidade e protección, xa que desenvolven tarefas de responsabilidade social empresarial (RSE).
Fonte: Plataforma per la Llengua
A Unión de Consumidores da Comunidade Valenciana propón crear un protocolo contra a discriminación lingüística

Por este motivo, solicita que se convoque o Consello Social das Linguas, do que forma parte, para establecer iniciativas que defendan os dereitos lingüísticos de todas as persoas.
Fonte: La Vanguardia
A Deputación de Biscaia aproba a concesión de 260 000 euros a Labayru Fundazioa para promover o éuscaro
Esta contribución empregarase para continuar traballando conxuntamente na promoción do éuscaro, con iniciativas de interese que poñan en valor o patrimonio cultural da comunidade.
Fonte: Bizkaia Gaur
Presentan en Gandía os carteis que fomentarán o valenciano entre os turistas este verán
Os carteis lucirán o lema "Gandía en Valenciano e algunhas frases típicas e situaranse nas zonas de maior afluencia turística co obxectivo de visibilizar a lingua entre as persoas visitantes.
Fonte: COPE
O prazo para inscribirse no certame literario en éuscaro do Concello de Pamplona estará aberto ata o 5 de novembro
Dirixido a autores e autoras noveis, este concurso conta con tres modalidades: poesía, narración e bertso-paperak, que repartirán ata tres premios cada unha.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín