España

O Goberno Vasco impulsa un programa bienal para promover o uso do éuscaro

A iniciativa do Goberno Vasco para impulsar o uso cotián do éuscaro, Euskaraldia, pasará a ter periodicidade bienal e a súa duración será agora de 15 días.

Fonte: Deia

País Vasco

O filme en galego "O que arde" de Óliver Laxe competirá polo Premio do Público do Festival de Cine de San Sebastián

O filme O que arde do director galego Óliver Laxe competirá polo Premio do Público na próxima edición do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián. Pola súa banda, o cineasta galego Eloy Enciso levará o seu filme Longa Noite ao festival de cinema de Locarno (Suíza).

Fonte: Cultura Galega

País Vasco

Un total de 150 persoas de diversas nacionalidades súmase aos cursos de asturiano da Universidade Asturiana de Verán

A iniciativa da Universidade Asturiana de Verán (UABRA), que conta coa colaboración da Academia da Lingua Asturiana e a Universidade de Oviedo, inclúe este ano unha primeira edición do curso de galego-asturiano para mestres e un de capacitación para a tradución ao asturiano.  

Fonte: La voz de Asturias

Asturias

O sector editorial español incrementa a súa facturación por quinto ano consecutivo

Segundo o informe de Comercio Interior do Libro 2018 da Federación de Gremios de Editores de España, o sector editorial español rexistrou un incremento da súa facturación por quinto ano consecutivo grazas á fortaleza do libro en papel. O mesmo informe revelou que no caso do libro dixital hai un estancamento das vendas.

Fonte: Cultura Galega

Os defensores do galego-asturiano critican os termos empregados no acordo de investidura para designar esta lingua

A Plataforma pola Oficialidade do Galego-Asturiano e a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana criticaron que o acordo de investidura entre a Fundación Socialista Asturiana (FSA) e Esquerda Unida (EU) nomee o galego-asturiano como "eo-naviego".

Fonte: 20 minutos

Asturias

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana critica os termos sobre a lingua asturiana do acordo de investidura para Asturias

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana criticou que os grupos políticos FSA (Federación Socialista Asturiana) e Esquerda Unida, que asinaron o acordo para gobernar a rexión, non se comprometan claramente coa oficialidade do asturiano.

Fonte: El Comercio

Asturias

Organízase unha xornada sobre os 40 anos de lexislación lingüística en Cataluña

A Revista de Llengua i Dret, editada pola Escola de Administración Pública de Cataluña, organizará a xornada "40 anos de lexislación lingüística" que analizará o pasado, presente e futuro das normas en materia lingüistica de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Un humanoide creado por investigadores da Universidade Carlos III de Madrid pode falar lingua de signos

Un grupo de investigación da Universidade Carlos III de Madrid conseguiu que un humanoide chamado TEO poida comunicarse en lingua de signos grazas a un estudo sobre a interacción entre robots e persoas xordas. 

Fonte: Noticias de la Ciencia

Madrid

Comeza un festival de cinema asiático en Vic con películas subtituladas en catalán

O Festival Noites de cinema oriental de Vic ten como obxectivo achegarnos á cultura asiática a través do cinema coa proxección de sete películas en versión orixinal subtituladas en catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A académica Rosario Álvarez fala en Donostia sobre as gramáticas do século XXI

A directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, Rosario Álvarez, participou na xornada sobre as gramáticas no século XXI organizada por Euskaltzaindia na cidade de Donosita. 

Fonte: RAG

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder