España

A Academia da Lingua Asturiana quere presentarlle ao alcalde de Oviedo as súas propostas sobre o uso do asturiano

A Academia da Lingua Asturiana vai solicitarlle unha entrevista ao alcalde de Oviedo, Alfredo Canteli, para presentarlle as súas propostas sobre o fomento do uso do asturiano neste concello.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Concello de Dénia aplicaralle o requisito lingüístico ao seu persoal

O persoal municipal do Concello de Dénia deberá acreditar coñecementos de valenciano segundo o seu contacto co público. Así, a aplicación deste requisito suporá a esixencia do grao oral ou elemental á maior parte dos postos; o nivel medio para quen teña atención directa á cidadanía e o superior só para os membros do Departamento de Normalización Lingüística.

Fonte: La Marina Plaza

Comunidade Valenciana

Instan o Goberno balear a prestixiar o uso do catalán desde o departamento de Presidencia

Desde a organización Obra Cultural Balear solicítanlle á presidenta do Goberno do arquipélago que se lle dea maior prestixio ao uso do catalán desde o departamento de Presidencia.

Fonte: 20 Minutos

Illas Baleares

O alcalde de Pamplona anuncia que se definirá un novo modelo lingüístico nas escolas infantís de 0 a 3 anos

O alcalde de Pamplona, Enrique Maya, considera excesiva a oferta en éuscaro nas escolas infantís de 0 a 3 anos. Por este motivo, anunciou a súa intención de definir un novo modelo lingüístico que se adecúe ás demandas reais das familias.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Irún organiza colonias de verán nas que se fomenta o uso do éuscaro

Durante os meses de xullo e agosto, no marco do proxecto Solas Jolas, os nenos e as nenas de Irún poden acudir ás colonias de verán que organiza o Concello, un espazo onde, ademais de xogar, se fomenta o uso do éuscaro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Barcelona acollerá o 9 de setembro a presentación dunha gramática básica e de uso do catalán

A Gramàtica bàsica i d’ús de la llengua catalana presentarase o 9 de setembro no marco da Semana do Libro en Catalán. Trátase dunha obra normativa e descritiva dirixida a un público non especializado e, especificamente, ao ámbito da Administración, dos medios de comunicación e do ensino.

Fonte: Ajuntament de Barcelona

Cataluña

Unha xornada en Serradilla reivindica as linguas que se falan en Estremadura

O municipio cacereño de Serradilla acolleu unha xornada con diferentes actividades na que se reivindicou o impulso das linguas estremeñas no sistema educativo e nas institucións públicas.

Fonte: El Diario

Estremadura

O uso do catalán nas sentenzas xudiciais situouse nun 7,7 % en 2018

Segundo datos da Generalitat, en 2018 o uso do catalán nas sentenzas xudiciais caeu ata o 7,7 %, fronte ao 8,2 % do ano anterior. Por provincias, Xirona é onde máis se utiliza, cunha porcentaxe do 14,4 %, seguida de Lleida (11 %).

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Ponse en marcha un obradoiro de dobraxe en asturiano

A Escola de Dobraxe de Asturias organiza un obradoiro de dobraxe en asturiano dirixido a persoas que non tivesen contacto ningún con este ámbito co obxectivo de que adquiran os coñecementos necesarios que lles permitan traballar neste sector.

Fonte: Asturies.com

Asturias

A presidenta do Goberno de Navarra asegura que modificará o decreto do éuscaro

Nunha entrevista concedida a Navarra Televisión, María Chivite confirmou que quere modificar o decreto do éuscaro, pero con maior consenso social, político e sindical.

Fonte: NaTV

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder