España

Unha nova iniciativa permitirá o impulso da publicidade programática en éuscaro

O Goberno vasco, xunto a EiTB e TOKIKOM, desenvolveu Euskal Private Market Place, un produto dirixido ás axencias de anuncios que queiran empregar o éuscaro nas súas publicacións, o que abre un novo mercado para os espazos de publicidade programática.

Fonte: Noticias press

País Vasco

Solicitan o recoñecemento das linguas de signos española e catalá como oficiais na Constitución Española

A Confederación Estatal de Persoas Xordas realizou esta petición, que suporía a reforma do artigo 3 da Constitución Española. Ademais, reclaman a redacción dunha estratexia para o ensino, o uso e a promoción destas linguas, e que sexan recoñecidas pola Carta Europea de Linguas Minoritarias e que se inclúan en futuras lexislacións sobre igualdade e non discriminación lingüística.

Fonte: Servimedia

Xeral

Comeza un proxecto piloto en Mahón para fomentar o uso do catalán entre os cativos

A Plataforma pola Lingua levará a cabo 18 talleres grupais de rap en catalán con mozos e mozas dun colexio de Mahón coa intención de facer o menorquino atractivo para a realización de actividades de lecer e creativas.

Fonte: 20minutos

Illas Baleares

O TERMCAT renova o convenio de colaboración que permite dispoñer de normas ISO e UNE en catalán

A Asociación Española de Normalización e o TERMCAT renovaron o convenio que dende 2005 permite que se publiquen en catalán as normas técnicas UNE cos estándares aplicables internacionalmente nos ámbitos industrial, económico e social.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A interface de consultas da biblioteca Europeana estará dispoñible en éuscaro

O Goberno vasco asinou un protocolo coa Fundación Europeana para posibilitar a tradución ao éuscaro da súa interface de consultas, que até o momento permitía a procura en 27 linguas das obras dixitalizadas de institucións culturais dos países da Unión Europea. 

Fonte: La Vanguardia

País Vasco

Demandan maior sensibilidade coa lingua asturiana na televisión pública do Principado

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana denuncia que durante o Día de Asturias non se emitiron contidos nesta lingua na televisión pública e aproveita para reivindicar a creación dunha programación que non discrimine os contidos en asturiano. 

Fonte: Asturies.com

Asturias

Apróbase a concesión de 38 axudas para a promoción do catalán na illa de Menorca

O Consello Insular de Menorca repartirá 40 000 euros en axudas para a promoción do uso do catalán nos ámbitos empresarial, asociativo, deportivo e editorial.

Fonte: Setmanari Soller

Illas Baleares

O proxecto Euskaraldia provocou un aumento do uso do éuscaro entre as persoas participantes

Segundo un estudo elaborado por Soziolinguistika Klusterra sobre os resultados do proxecto Euskaraldia, as persoas que participaron na primeira edición incrementaron o seu uso do éuscaro máis dun 20 % ao longo dos días que durou a iniciativa e un 5,6 % nos tres meses posteriores.

Fonte: Noticias de Guipuzkoa

País Vasco

A Deputación de Biscaia e a Fundación Azkue organizan cursos para futuros youtubers en éuscaro

Con esta iniciativa quérese promover o uso do éuscaro en Youtube entre mozos e mozas. O curso inclúe dous obradoiros nos que se ensinarán os pasos básicos para a creación dunha conta e a edición dos primeiros vídeos.

Fonte: Cadena Ser

País Vasco

O Concello de Pamplona realizará unha consulta pública sobre a súa ordenanza do éuscaro

A través desta consulta pública coñecerase a opinión da cidadanía sobre a posible modificación da ordenanza que regula a utilización e o fomento do éuscaro no ámbito do consistorio e o seu sector público.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder