España

Preséntase en Huesca unha antoloxía poética en aragonés escrita por mulleres

A obra, Arquimesa, que foi presentada no Instituto de Estudos Altoaragoneses de Huesca, recolle poemas escritos por 14 autoras de referencia en aragonés dende o século XVII ata a actualidade.

Fonte: Diario de Alto Aragón

Aragón

A Academia da Lingua Asturiana e a Consellería de Cultura concordan na necesidade dunha política lingüística efectiva no Principado

Nun encontro entre ambos os organismos, analizáronse temas como a revisión das medidas de normalización e visibilización do asturiano, as necesidades orzamentarias, o emprego da toponimia oficial ou a presenza desta lingua na televisión pública autonómica.

Fonte: El Comercio

Asturias

A Generalitat de Cataluña reedita unhas guías para aprender catalán desde o árabe e desde o español

Estas guías forman parte dunha colección de dez volumes en diferentes linguas dirixidos á poboación estranxeira co obxectivo de que aprendan catalán a partir do seu idioma.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A serie anime “Cells at Work!” terá subtítulos en galego, éuscaro e catalán

Coalise Estudio confirmou que a serie Cells at Work! incluirá o galego, o éuscaro e o catalán nos seus subtítulos, ademais do castelán, na primeira edición deste anime.

Fonte: Ramen Para Dos

Xeral

Euskaltzaindia e o Parlamento navarro continuarán colaborando para visibilizar o éuscaro mediante proxectos educativos, culturais e etnográficos

Membros do Parlamento de Navarra e da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia mantiveron unha reunión para planificar as colaboracións entre ambas as institucións, na que se comprometeron, entre outras cuestións, a continuar dándolle visibilidade ao éuscaro a través de proxectos educativos, culturais e etnográficos.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Concello de Donostia pon en marcha o programa de lecer infantil en éuscaro Parketarrak

Ata o 31 de outubro catorce barrios da cidade de Donostia acollerán o programa de lecer en éuscaro Parketarrak destinado a nenas e nenos de 3 a 9 anos de idade e que ten como obxectivo aumentar o emprego desta lingua mentres xogan na rúa ou no parque.  

Fonte: Ayuntamiento de Donostia

País Vasco

Preséntase a memoria da Oficina de Dereitos Lingüísticos da Generalitat Valenciana do ano 2018

Ao longo do ano 2018 a Oficina de Dereitos Lingüísticos recibiu un total de 31 reclamacións, 53 suxestións e 3 consultas. No que respecta ás motivacións destas, a maior parte produciuse por incidencias en internet ou as redes sociais, seguidas de temas relacionados coa rotulación e a toponimia e, en terceiro lugar, por cuestións relativas á atención escrita e oral.  

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Convócase o XXII Concurso Literario en Lingua Catalá Roc Boronat

O Concurso Literario en Lingua Catalá Roc Boronat, convocado pola ONCE, está dirixido a dous grupos de participación: un para persoas con algún tipo de discapacidade visual e outro para o todo público en xeral.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Resólvense en Pamplona as axudas para a promoción do éuscaro dirixidas a entidades sen ánimo de lucro

Os 90 000 euros desta partida foron finalmente repartidos entre 22 proxectos para a normalización do éuscaro presentados por 14 entidades distintas. Cada un recibiu entre 430 e 16 000 euros de axuda.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Só o 1,3 % da poboación da cidade de Valencia emprega o valenciano habitualmente

Segundo os datos dunha enquisa realizada polo Concello de Valencia, apenas o 1,3 % da poboación emprega o valenciano como idioma habitual mentres que case oito de cada dez persoas usan o castelán. Así mesmo, a arredor do 18 % élle indiferente utilizar unha ou outra lingua.

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder