España

O TERMCAT pon a disposición dos seus usuarios unha nova norma UNE en catalán

Esta norma UNE, do ano 2008, fai referencia ao vocabulario empregado na industria gráfica e inclúe 82 novos termos que xa se atopan normalizados polo Consello Supervisor do TERMCAT.

Fonte: Generalitat de Catalunya
 

Cataluña

O Goberno balear fomentará o uso do catalán nos espazos de ocio da mocidade

Desde o departamento dedicado á política lingüística no arquipélago están a traballar para poñer en marcha actuacións para impulsar o emprego do catalán nos sectores onde menos se fala, entre eles nos espazos de lecer da mocidade.

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

A Deputación Foral de Áraba e o Concello de Vitoria-Gasteiz impulsan o uso do éuscaro

Ambas as institucións asinaron un convenio marco de colaboración, de catro anos de duración, polo que neste exercicio se destinarán 80 000 euros a promover o emprego do éuscaro na capital arabesa a través de diferentes iniciativas.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

O Goberno navarro descarta recorrer a sentenza do éuscaro

O Goberno comunicou que a decisión actual pasa por impulsar unha nova normativa que garanta a seguridade xurídica e solucione o baleiro legal sobre o decreto de 2017.

Fonte: El Correo

Navarra

O festival internacional de curtametraxes de Badalona proxectará 121 curtas en catalán 

FILMETS Badalona, o festival de cuartas de ficción, animación, documentais e efectos visuais, contará con 111 curtametraxes en versión orixinal subtitulada ao catalán e 10 orixinais nesta lingua. 

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Euskaltzaindia recibe a medalla de ouro da Universidade do País Vasco polo seu labor na modernización do éuscaro

A Universidade do País Vasco fará entrega deste galardón á Academia da Lingua Vasca como recoñecemento do seu traballo a prol da normalización do éuscaro na docencia, na investigación e na divulgación científica.

Fonte: 20 minutos

País Vasco

A Semana do Cine Fantástico e de Terror de Donostia proxectará 15 películas en éuscaro

A trixésima edición da Semana do Cine Fantástico e de Terror de Donostia proxectará como mínimo un filme en éuscaro cada día para diferentes públicos, dun total de quince películas que se reproducirán nesta lingua durante todo o festival.

Fonte: Donostia Euskaraz

País Vasco

Varios centos de persoas concéntranse en Navarra contra a sentenza que anula varios artigos do decreto do éuscaro

Centos de persoas reivindicaron, cunha concentración ante o Palacio de Navarra, o seu desacordo coas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza que anulan varios dos artigos que regulan o uso do éuscaro nas administracións públicas por consideraren que limitan os dereitos lingüísticos da cidadanía. 

Fonte: Navarra Información

Navarra

O éuscaro é actualmente o idioma con maior número de significados en Wikidata

Segundo informan Euskal Wikilarien Kultur Elkartea e Elhuyar, o éuscaro atópase na base de datos colaborativa de Wikidata no sexto lugar pola cifra de lexemas publicados; no segundo, polo número de formas das palabras; e no primeiro, polo número de significados.

Fonte: Deia

País Vasco

O Parlamento de Navarra rexeita a proposta de derrogar o decreto do éuscaro

A proposición de lei presentada no Parlamento da Comunidade Foral, rexeitada pola maioría da Cámara, pretendía derrogar o Decreto foral 103/2017, de 15 novembro, que regula o uso do éuscaro nas Administracións Públicas de Navarra, os seus organismos autónomos e entidades de dereito público dependentes.

Fonte: Pamplona Actual

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder