España
A xornada Sarean Euskaraz promove o uso do éuscaro nas TIC

Sarean Euskaraz chega á súa terceira edición na que participaron arredor de 500 estudantes de secundaria de Navarra. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación e promover a cultura dixital nesta lingua.
Fonte: 20 minutos
O Concello de San Sebastián concede axudas por valor de 5525 euros para a promoción do éuscaro
O Concello de San Sebastián reparte esta cantidade entre nove proxectos propostos por entidades sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é impulsar o uso do éuscaro.
Fonte: La Vanguardia
A Generalitat de Cataluña estrea unha área de descarga de contidos para medios de comunicación na web Lingua Catalá

A web de Lingua Catalá renóvase e pon a disposición de medios de comunicación e empresas novos materiais gráficos e audiovisuais de difusión de campañas de Política Lingüística para a súa libre descarga.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A plataforma Charramos Aragonés emprende accións legais para recuperar os sinais en lingua aragonesa de Huesca
Esta plataforma presentou no Concello un recurso potestativo de reposición contra o acordo que revocou o pacto plenario que incluía a Huesca como cidade bilingüe e solicitan que se repoñan os sinais de benvida á cidade en aragonés e castelán.
Fonte: El Diario
O Goberno vasco pon a disposición das empresas cinco normas UNE en éuscaro

O Goberno do País Vasco fixo a tradución ao éuscaro de cinco normas de xestión de calidade ISO dirixidas ás empresas co obxectivo de impulsar o uso deste idioma no ámbito socioeconómico.
Fonte: El Diario
O uso do catalán nos xulgados descende nove puntos en dez anos

O Consello da Avogacía Catalá celebra unhas xornadas sobre o uso do catalán na Xustiza ante a preocupación polo descenso no número de sentenzas nesta lingua, un 7,7 % en 2018, polo que solicita apoio da xudicatura para asegurar os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: Abogacía
Valencia acolle un ciclo sobre as linguas da cinematografía valenciana

O ciclo 'Cine valencià i cine en valencià. Els llenguatges de la cinematografia valenciana' terá por obxectivo analizar o sector audiovisual na actualidade así como o papel da lingua valenciana neste ámbito e contará con mesas de debate e diversas proxeccións, entre outras actividades.
Fonte: La Vanguardia
Preséntanse no Parlamento de Cataluña as principais liñas do Goberno catalán en materia de fomento do aranés
A conselleira de Cultura do Goberno catalán explicou as principais liñas da política lingüística con respecto ao aranés, unha lingua que se compromete a impulsar e defender.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un informe alerta do descenso no número de estudantes de lingua asturiana

Segundo un informe elaborado polo sindicato CC. OO., desde o curso 2007-2008, o número de matriculacións en lingua asturiana descendeu un 14,5 % en Primaria e un 8 % en Secundaria, mentres que no Bacharelato a súa presenza é testemuñal.
Fonte: El Comercio
O Concello de Onda reparte manteis en bares e restaurantes para fomentar o valenciano

En total repartiranse en bares e restaurantes de Onda 36 000 manteis individuais biodegradables para fomentar o emprego do valenciano entre turistas e visitantes.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín