España

Nace en Huesca un novo colectivo en defensa da lingua aragonesa

Na plataforma Charramos Aragonés conflúen cidadanía e diversas entidades interesadas na defensa desta lingua, co obxectivo de esixir medidas de protección do patrimonio lingüístico, como a reposición da sinalización en aragonés e castelán que daba a benvida ao centro da cidade de Huesca. 

Fonte: Heraldo

Aragón

A Universidade de Oviedo publica o primeiro libro de texto para o ensino universitario do asturiano

O manual, incluído na colección de Textos Universitarios, recolle un achegamento á lingua asturiana a nivel fonético, gramatical e léxico, así como os seus usos orais e escritos e diversa bibliografía e ferramentas dixitais de interese para a aprendizaxe desta lingua.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Publícase un dicionario en catalán con máis de 16 000 termos relacionados coa Unión Europea

Este dicionario en liña recolle máis de 16 000 entradas tomadas da base de datos IATE que contén a terminoloxía institucional da Unión Europea, con termos referidos ao dereito, á economía, á saúde e ás institucións comunitarias.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Os falantes de éuscaro en Lezo diminuíron nun 3,9 % nos últimos dous anos

Así o demostra o estudo realizado polo Clúster de Sociolingüística, que detectou un 32,6 % das conversas actuais na rúa en éuscaro fronte ao 36,5 % de 2016. Esta baixada dáse especialmente entre a mocidade, mentres que aumentou o número de falantes entre cativos de 2 a 14 anos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Departamento de Política Lingüística proporá un modelo de oficialidade para a lingua asturiana

Comprométense a elaborar este novo modelo a través da coordinación e o debate cos grupos políticos representados na Xunta Xeral Autonómica, así como coa sociedade civil e outras institucións, empresas, sindicatos e asociacións.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra anula a valoración do éuscaro como mérito nalgunhas zonas da Comunidade Foral

O éuscaro xa non poderá ser valorado como mérito nas zonas mixta e non vascófona de Navarra. Estímase así o recurso posto por varios sindicatos contra o Decreto do éuscaro e anúlanse, entre outros, artigos sobre o bilingüismo en comunicación, anuncios, rotulación, publicidade e similares.

Fonte: Noticias de Guipuzkoa

Navarra

Estréase en Cataluña unha nova tempada do programa sobre lingua catalá Katalonski

O Departamento de Cultura e TV3 estrean a nova tempada do programa Katalonski, no que persoas estranxeiras explican os cambios que supuxo a aprendizaxe da lingua catalá no seu día a día. 

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Concello de Huesca retira os carteis da cidade escritos en aragonés

O Concello de Huesca, obrigado por unha moción aprobada polo Pleno, retirará os carteis colocados hai un ano nas entradas da cidade que daban a benvida en aragonés e español.  

Fonte: Heraldo

Aragón

O Instituto de Estudos Cataláns recibirá do Goberno balear financiamento para o Corpus Oral da Lingua Catalá

O Consello de Goberno balear decidiu conceder unha axuda de 30 000 euros á institución académica coa finalidade de establecer un corpus oral da lingua catalá en función da tradición de cada territorio lingüístico.

Fonte: ABC

Illas Baleares

Comeza a nova tempada do Kastanya.cat co obxectivo de promover o uso do catalán e do occitano

O Kastanya.cat, unha iniciativa de impulso do catalán e o occitano a través da música, iniciou a emisión da súa nova tempada na televisión de Lleida.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder