España

Aumenta a preocupación entre os mestres de aragonés polo ensino desta lingua nas escolas

O curso comeza con maior número de docentes de aragonés en infantil e primaria. Porén, a posibilidade de que estes non teñan que acreditar o nivel mínimo de coñecemento para impartilo e o incumprimento do horario semanal que debería dedicarse á súa docencia nas escolas, diminúe a calidade da ensinanza.

Fonte: Sobrarbe Digital

Aragón

Reúnese o xurado para decidir os galardoados da terceira edición do Premio de Fomento da Lingua de Signos Catalá

O Premio de Fomento da Lingua de Signos Catalá, convocado pola Generalitat de Cataluña, chega á súa terceira edición. Este galardón, que se entregará no mes de outubro, conta con tres categorías nas que se premian persoas, entidades e iniciativas de fomento desta lingua.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Cada vez é máis frecuente o emprego do asturiano na publicidade

Como produto de mercadotecnia, a publicidade pode servir para sinalar a evolución social da lingua e de novos movementos culturais que en moitas ocasións se adiantan a cambios lexislativos. 

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Concello de Vitoria oferta cursos, obradoiros e axudas para aprender éuscaro

O Concello de Vitoria-Gasteiz puxo en marcha a campaña Ikasi eta erabili euskara. Merezi du! para anunciar as diferentes ofertas, axudas e actividades para aprender éuscaro. O prazo para inscribirse nos 85 grupos de aprendizaxe ofertados xa está aberto.

Fonte: Gasteiz Hoy

País Vasco

Segundo os datos dunha enquisa, o 60 % da poboación de Arán sabe falar o aranés 

Segundo os resultados da Enquisa de usos lingüísticos da poboación de 2018, elaborada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, un 83 % da poboación entende aranés, un 73% saber ler nesta lingua e un 45% sábea escribir.

Fonte: Ara.cat

Cataluña

Poñen en marcha unha iniciativa para impulsar o uso do catalán nas redes sociais a través de adhesivos nesta lingua

A Plataforma per la Llengua creou trece adhesivos en catalán en formato GIF que se poderán empregar libremente en diferentes redes sociais. O obxectivo da iniciativa é impulsar o uso desta lingua en todos os ámbitos. 

Fonte: DBalears

Xeral

O Consorcio para a Normalización Lingüística abre o prazo de inscrición para os cursos de catalán

A nova oferta de cursos do Consorcio para a Normalización Lingüística daralles prioridade á formación das persoas chegadas recentemente a Cataluña e ás prácticas lingüísticas fóra da aula.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A nova Dirección Xeral de Política Lingüística asturiana contará cun consello asesor

O novo Goberno do Principado quere impulsar o asturiano, como valor esencial e identitario de Asturias, cunha nova dirección xeral que contará cun Consello Asesor de Política Lingüística.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Errenteria acollerá novos cursos de éuscaro para persoas acabadas de chegar á comarca

Estes cursos básicos están dirixidos a persoas recentemente chegadas á comarca guipuscoana de Oarsoaldea para que aprendan éuscaro. Polo momento, a fase de inscrición permanece aberta e os cursos comezarán en outubro.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Preséntase un folleto en seis idiomas para difundir a oferta de cursos de catalán que se impartirán en Palma de Mallorca

Ao longo do mes de outubro impartiranse en Palma 30 cursos de catalán especialmente dirixidos a persoas que acaban de chegar á cidade. Por este motivo, o folleto de promoción destes editouse en seis idiomas (catalán, castelán, inglés, alemán, chinés e árabe).

Fonte: 20 minutos

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder