España

Persoas estranxeiras que viven en Cataluña comezan unha campaña para que lles falen en catalán

Baixo o lema “Non me cambies a lingua” procuran que quen que fala catalán habitualmente evite cambiar ao castelán cando conversa con persoas de fóra, xa que así os axudarán a aprendela.

Fonte: Nació digital

Cataluña

O prazo de inscrición para os cursos gratuítos de éuscaro en Donostia permanecerá aberto ata o 20 de setembro

Estes cursos, que se impartirán durante o mes de outubro, están dirixidos a persoas desempregadas empadroadas na cidade que poderán inscribirse dende o 2 de setembro.

Fonte: Donostia

País Vasco

Un concerto en Menorca reivindicará o uso do catalán

O evento terá lugar o 31 de agosto no auditorio municipal e nel participarán artistas de Menorca co obxectivo de reivindicar o uso da lingua catalá e promover a música feita na illa.

Fonte: Racó Català

Illas Baleares

O Concello de Plentzia inicia unha campaña para animar a cidadanía a empregar o éuscaro diariamente

Esta campaña, que chegará tamén ao comercio e á hostalería local, convida as persoas que pasan polo centro da vila a empregar o éuscaro de maneira cotiá a través de sete ilustracións con mensaxes nesta lingua.

Fonte: Deia

País Vasco

A Deputación Foral de Biscaia destinará unha partida de 150 000 euros á Durangoko Azoka, cita literaria e musical en éuscaro

A Deputación Foral de Biscaia aprobou esta axuda destinada á entidade organizadora do evento literario e musical en éuscaro, que se celebrará no vindeiro mes de decembro. 

Fonte: Deia

País Vasco

Convócase o V Premio Internacional de Poesía en éuscaro Xabier Lete

Este certame ten como obxectivo promover e apoiar as entidades e creadores que difunden a cultura e a arte na comunidade e conta cunha dotación de 12 000 euros. O prazo de recepción das obras remata o 5 de decembro. 

Fonte: Noticias de Guipuzkoa

País Vasco

Apróbanse en Menorca as axudas para o fomento do uso do catalán

O valor total das subvencións ascende a 39 183 euros, destinadas a promover o catalán na produción de libros, música e  audiovisual; para fomentar a presenza desta lingua en empresas e no deporte; e para apoiar, en xeral, actividades de dinamización lingüística.

Fonte: Sóller

Illas Baleares

O Concello de Palma de Mallorca pon en marcha un servizo de dinamización lingüística

O novo servizo de dinamización para o coñecemento e uso do catalán estará dotado para a súa posta en funcionamento de 85 000 euros, cos que se organizarán distintas iniciativas de normalización lingüística.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

Reivindican no Certame de Arenas o uso oficial da toponimia en asturiano

Esta reivindicación realizouse durante o pregón do certame, no que se defendeu a lingua asturiana como parte inherente da cultura do Principado.

Fonte: La Nueva España

Asturias

O Plan de turismo de Donostia aposta, nun dos seus eixes de acción, por promover a lingua e a cultura vascas

No marco do Plan de turismo de Donostia puxéronse xa en marcha dúas campañas co  éuscaro como protagonista, o “Basque Challenge”, que conseguiu case 500 000 visualizacións, 4000 interaccións en redes sociais e 585 participantes, ou o “Easy Guide to Euskara”.

Fonte: Hosteltur

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder