España
O Concello de Oñati convoca novas axudas para aprender éuscaro así como para impulsar o seu uso no comercio
O Concello de Oñati destinará unha partida económica de 8575 euros a dúas novas liñas de axudas: unha dirixida á cidadanía que está a aprender éuscaro e outra para impulsar o uso desta lingua nos rótulos, a imaxe corporativa e as páxinas web dos establecementos comerciais da localidade.
Fonte: Diario Vasco
Catro concellos vascos crean un logo común para inserir en todas as actividades de impulso do éuscaro
Os departamentos de éuscaro dos concellos de Barakaldo, Portugalete, Santurtzi e Sestao crearon un logo común para incluír en todas as actividades de fomento desta lingua que se organicen nos catro municipios.
Fonte: En Portugalete
Un de cada tres menores de 25 anos do País Vasco ten o éuscaro como lingua materna

Segundo os datos proporcionados polo Goberno vasco, case o 34 % (389 767 persoas) da mocidade de entre 5 e 24 anos ten como lingua materna unicamente o éuscaro ou tanto o éuscaro como o castelán, unha cifra que supón case un 12 % máis que hai 40 anos.
Fonte: Goberno Vasco
O servizo do 061 CatSalut Respon incorpora un equipo de interpretación en lingua de signos catalá

A Generalitat de Cataluña incorpora ao servizo do 061 CastSalut Respon un equipo de interpretación en lingua de signos catalá, un importante paso que permitirá acceder a este servizo público sanitario a persoas xordas a través dos seus móbiles ou tabletas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha organización mallorquina convoca un concurso literario para fomentar entre a mocidade a creación en catalán
Joves de Mallorca per la Llengua organiza un concurso literario dirixido a persoas de 15 a 30 anos cuxo obxectivo é impulsar a creación literaria e artística en catalán entre a mocidade.
Fonte: Última Hora
O Concello de Barakaldo impulsa a presenza do éuscaro en empresas, comercios e hostalería

O Concello de Barakaldo puxo en marcha unha partida de axudas á rotulación en éuscaro que poderán solicitar ata o 11 de decembro as empresas e establecementos comerciais e hoteleiros da localidade.
Fonte: En Barakaldo
Chega ao Congreso unha proposta para denominar catalán ao valenciano
A proposta enviada ao Goberno español e ao resto de grupos parlamentarios consiste no recoñecemento legal da unidade da lingua catalá e o emprego da denominación “catalán” en lugar de "valenciano" para referirse á lingua oficial, xunto ao castelán, da Comunidade Valenciana.
Fonte: El Periòdic
Ponse en marcha no Principado un programa de alfabetización para persoas adultas en asturiano
A Consellería Cultura, Política Lingüística e Turismo informou de que se van organizar cursos formativos para persoas adultas adaptados ás probas oficiais de competencia no uso da lingua asturiana, con cinco niveis de acordo co Marco Común Europeo de Referencias para as Linguas.
Fonte: La Vanguardia
As oficinas da Policía Nacional da Comunidade Valenciana deberán contar, como mínimo, cun axente que saiba valenciano

Ante as denuncias por discriminación lingüística que se produciron nos últimos meses na Comunidade Valenciana, a Dirección Xeral da Policía Nacional enviou unha circulara para que en cada quenda haxa, polo menos, un funcionario que poida atender a cidadanía en valenciano.
Fonte: La Vanguardia
Nace a primeira canle de películas en streaming en éuscaro

Filmin Euskaraz, posto en marcha pola plataforma de cine en liña Filmin, é a primeira canle de películas en streaming en éuscaro e inclúe tanto producións rodadas nesta lingua como dobradas ou subtituladas. As persoas usuarias terán acceso a títulos que se dividen en tres bloques: ficción, documental e infantil.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Boletín
Subscríbase ao boletín